Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.951

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 7 de marzo de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado pola Orde do94 de febreiro de 1995.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante nesta consellería, por Orde do 9 de febreiro de 1995 (Diario Oficial de Galicia nº 32, do 15 de febreiro de 1995), de conformidade co disposto no artigo 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4 da referida lei.

Esta consellería dispón:

1.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 9 de febreiro de 1995 (Diario Oficial de Galicia, nº 32, do 15 de febreiro de 1995).

2.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e selecciona-lo funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

3.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade, onde actualmente o funcionario preste servicios, ou de un mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, fosen concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

4.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

5.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1995.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

N.R.P./DNI: 3275142468 A2062

Grupo: A

Apelidos e nome: Pardo Landrove, José Enrique

Código: OT.C99.10.000.15001.086

Denominación do posto de traballo: xefe Servicio de Estradas

Centro directivo: Delegación provincial

Localidade: Pontevedra

Corpo ou escala: Administración especial, enxeñeiro camiños, canles e portos

Nivel: 28

Específico: 1.330.284