Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CEDULA do 14 de febreiro de 1995, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fai pública, para efectos de notificación, a resolución do expediente sancionador LU-093/94, incoado contra Juan Benigno Ponce Montero.

De conformidade co previsto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), notifícaselle á persoa que se relaciona a continuación a resolución do expediente sancionador que foi incoado por infraccións á Lei 6/1991, do 15 de maio, en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro de 1991).

O dito interesado dispón dun prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación, para poder examina-lo expediente na Delegación

Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Lugo, sita en Celeiro-Viveiro, Avda. de Ramón Canosa, s/n, e presenta-lo recurso ordinario dentro do mesmo prazo, perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro de 1992).

Nº expediente: LU-093/94.

Denunciado: Juan Benigno Ponce Montero.

DNI: 76.408.349.

Enderezo: Río Condomiñas, 4 Cedeira (A Coruña)

Precepto infrinxido: 6.7.

Sanción: cen mil (100.000) pesetas.

Celeiro-Viveiro, 14 de febreiro de 1995.

A. Alejandro Alonso Pantoja

Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)