Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.925

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1995 pola que se convoca un seminario sobre prevención, defensa e extinción de incendios forestais.

Dentro das actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1995, figura a realización dun seminario sobre prevención, defensa e extinción de incendios forestais.

1.-Obxecto.

Os días 23 e 24 de maio de 1995 terá lugar no salón de actos da EGAP, un seminario sobre prevención, defensa e extinción de incendios forestais.

O obxectivo deste seminario e a posta ó día dos coñecementos sobre prevención, defensa e extinción de incendios forestais, servíndose das novas técnicas desenvolvidas, tanto a nivel nacional coma internacional.

2.-Destinatarios.

Persoal ó servicio da Administración pública galega, relacionado coa prevención, defensa e extinción de incendios forestais e interesados en xeral.

3.-Desenvolvemento e duración.

O seminario abrirase o martes, día 23 de maio, ás 16.30 horas, e rematará ás 18.30 horas da tarde, do día 24 de maio de 1995.

4.-Inscrición.

-Prazo: remata o martes, dia 18 de maio de 1995.

-Lugar de presentación: no Rexistro Xeral da EGAP (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4,15703 Santiago de Compostela). Telf. 57 08 00. Telelex nº 57 15 40.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baldeiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

A partir do 19 de maio, os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono en días laborables, de 11.30 a 14.45 horas, ó seguinte número: 981-57 08 00 (ext. 229), ou ben consultando a lista de admitidos que se expoñerá no taboleiro de anuncios da EGAP 24 horas despois do remate do prazo de presentación de solicitudes.

5.-Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate deste seminario a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a él e expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública