Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.924

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Hispanomoción S.A. (Mosa) de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Hispanomoción, S.A. (MOSA), código de convenio número 3200232 de Ourense para o ano 1995, que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 17 de febreiro do ano en curso, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social polos delegados de persoal, o día 25 de xaneiro de 1995, de conformidade co disposto no art. 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2.412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial:

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no libro rexistro desta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 22 de febreiro de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Acta de acordo para o convenio de

Hispanomoción (Mosa) ano 1995

Por parte da empresa:

Raúl Baltar Rodríguez.

Antonio Davila Núñez.

Por parte dos traballadores:

Juan Manuel González Dopazo.

José Cid Cid.

En Ourense o 25 de xaneiro de 1995 e no local social da empresa Hispanomoción reúnense os arriba citados co fin de procederen á negociación e sinatura do convenio colectivo para 1995, chegando ós acordes seguintes.

1º) Procedeuse á revisión do dito convenio segundo acta do 19 de maio de 1994, do que a duración era por dous anos, finalizando polo tanto ó 31-12-95.

2º) Incrementouse o salario e a antigüidade nun 3,5% sobre as táboas de 1994, quedando as novas táboas para 1995 como se amosa no anexo a este acordo, icrementándose ó mesmo tempo a mellora voluntaria nunha mesma porcentaxe.

3º) Increméntase tamén nun 3,5% sobre o ano 1994 os seguintes conceptos, dos que xuntamos anexo a este acordo o resto do articulado sen variación.

Axuda escolar

Protección á familia

Plus de transporte

Axudas de custo

Fondo social

Caixa de anticipos

Salario convenio

E non habendo máis asuntos de que tratar, levántase a sesión, en lugar e data arriba indicados.

Pola empresaPolos traballadores

Raúl Baltar RodríguezJuan Manuel González

Antonio Davila NúñezDopazo

José Cid Cid