Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.906

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente 62/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dun centro de distribución e transformación que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Sestelo y Cía, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: en Meirol, concello de Mondariz.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: centro de distribución e transformación a 20/15 kV, de 1.500 kVA.

Orzamento: 3.408.963 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 13 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra