Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Sestelo y Cía, S.A. con domicilio en Ponteareas no que solicita autorización para instalar unha R.B.T. en Freixa-Ribadetea, concello
de Ponteareas, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Sestelo y Cía., S.A. a instalación de unha R.B.T. en Freixa-Ribadetea, concello de Ponteareas.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 9 de febreiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra