Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 1995 Páx. 1.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

Fermín Yáñez Fernández, secretario xeral, certifico: que o Concello Pleno, na sesión realizada o día 12 de decembro de 1994, adoptou o seguinte acordo:

1º-Aproba-lo prego de condicións que regulará o concurso para a construcción da instalación do sistema de tratamento de lodos e outras melloras das plantas de auga potable da Telva, cun orzamento de douscentos vinteoito millóns duascentas sesenta e cinco mil oitocentas pesetas (228.265.800 ptas.).

2º-Solicitar da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (Dirección Xeral de Obras Públicas) o financiamento do 100% da obra.

3º-Manifesta-lo compromiso da entrega dos terreos e auga necesarios para a execución das obras, así como tódalas autorizacións administrativas necesarias para a realización do proxecto.

4º-Abrir un período de información pública, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, por un prazo de quince días.

5º-Manifesta-lo compromiso de que a explotación das instalacións unha vez rematadas as obras se levará a cabo pola empresa Emalcsa.

6º-Faculta-la Alcaldía Presidencia para solicita-lo financiamento do 100% das obras á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

E para que conste, produza os efectos conseguintes onde proceda, expido o presente anuncio de orde e co visto e prace do alcalde-presidente na cidade da Coruña, doce de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Vº e prace

O alcalde