Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 1995 Páx. 1.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para adquisición de mobiliario con destino ó xulgado da Estrada.

-Obxecto do contrato: adquisición de mobiliario con destino ó xulgado da Estrada, por un importe de 5.000.000 de pesetas (IVE engadido).

-Prazo de execución: 15 días a partir da sinatura do contrato.

-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas e demais documentación complementaria estará á disposición dos interesados na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de luns a venres, das 9 ás 14 horas, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 45 17.

-Fianza provisional: o 2% do importe de licitación, resultando a cantidade de 100.000 ptas.

-Presentación de proposicións: no roxistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, ata as 14 horas do día 29 de marzo de 1995.

-Apertura das proposicións: a apertura das ofertas presentadas no prazo hábil, terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, ás 12 horas do día 4 de abril de 1995.

-Documentación que deberán xunta-los licitadores: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Anuncio: o importe desta anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1995.

(P.D. Orde do 13-12-93)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e

Relacións Laborais