Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Ourense, en solicitude de autorización para instalar desvío liñas eléctricas estrada N-540 tramo Chantada-Cambeo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de liña de media tensión, a 20 kV, de 374 metros de lonxitude, con conductores RZ-95-50-25, RZ-2x25 en Chantada.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 6 de febreiro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo