Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 1995 Páx. 1.860

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 125/1993).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Fenosa, S.A., con domicilio en Vigo, no que solicita autorización para instalar unha L.M.T. no Ramal-Outeiro (variante do A.T. 208/88), concello das Neves, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Fenosa, S.A. a instalación de unha L.M.T. no Ramal-Outeiro (variante do A.T. 208/88), concello das Neves.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 23 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra