Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 1995 Páx. 1.860

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de febreiro de 1995 pola que se autoriza o cambio de denominación dun colexio público de primaria/EXB na provincia da Coruña.

Vistos a Orde do 18 de decembro de 1991 (DOG do 14 de xaneiro de 1992), o acordo do Consello Escolar do centro, así como os informes e proposta da Delegación Provincial da Coruña.

Esta consellería resolve autoriza-la denominación do centro que consta no anexo.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1994.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Zona educativa: Carballo-Carballo 150320.

Localidade: Carballo.

Denominación: C. público de Carballo.

Código do centro: 150CAR01.

Nova denominación: Colexio público Xesús San Luis Romero.