Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.856

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE INDUSTRIA E ENERXÍA

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral da Enerxía, pola que se autoriza a liña de entrada na subestación de Cartelle da liña de transporte de enerxía eléctrica a 400 kV, dobre circuíto Mesón-Lindoso, na provincia de Ourense, e se declara a súa utilidade pública. (Expediente 3.972 A.T.).

Visto o expediente incoado na Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, por instancia de Red Eléctrica de España, S.A. e no seu nome Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio na Coruña, rúa de Francisco Macías, nº 2, solicitando autorización para o establecemento da devandita liña, precitada.

Resultando que foi solicitado informe ós organismos, corporacións e entidades que puidesen resultar afectados por esta instalación, reiterándose esta solicitude ós casos regulamentariamente procedentes e que non foi presentado inconveniente á autorización aquí pretendida.

Cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, no capítulo III do Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Esta Dirección Xeral da Enerxía resolveu.

Autorizar a Red Eléctrica de España, S.A. a liña de entrada na subestación de Cartelle que implica a modificación da liña Mesón-Lindoso entre os apoios 237 e 240, e que ten como características principais as seguintes:

-Sistema: corrente alterna trifásico.

-Frecuencia: 50 Hz.

-Tensión nominal: 380 kV.

-Tensión máis elevada da rede: 420 kV.

-Número de fases: 2, das cales nesta fase soamente se instalará unha montándose a outra nunha segunda fase.

Potencia máxima de transporte: 1.226 MW por circuíto.

-Conductor: tipo RAIL de 516,84 mm de sección.

-Número de cables de terra: 2, un con fibra óptica.

Tipo de cable de terra: n. 7-7 Awg.

-Tipo de cable de terra con fibra óptica: 15,3-Awg-GF.

-Illamento: cadeas de illadores de vidro temperado U-160-BS de 22 elementos por cadea.

-Apoios: torres metálicas de celosía.

-Cimentacións: de zapatas individuais.

-Postas a terra: electrodos de terra en tódolos apoios.

-Lonxitude total: 2.290 metros, dos cales 1.460 corresponden á lonxitude parcial entre o apoio 237 e a subestación de Cartelle e 830 metros desde esta ó apoio 240.

A finalidade da instalación é a entrada na subestación de Cartelle da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 400 kV, dobre circuíto, Mesón-Lindoso.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu Regulamento de aplicación aprobado por Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso ordinario perante o ministro de Industria e Enerxía no prazo de un mes, de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Madrid, 2 de xaneiro de 1995.

María Luisa Huidobro y Arreba

Directora xeral da Enerxía

Delegado Provincial da Consellería de Industria e

Comercio da Xunta de Galicia-Ourense