Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso.

1.-Obxecto do contrato: contratación dunha entidade que asuma a organización e desenvolvemento de tódalas actividades que integran a «Campaña de Fútbol Deputación da Coruña 1995».

2.-Orzamento: 31.000.000 de ptas.

3.-Prazo de execución: 31 de decembro de 1995.

4.-Proposicións: documentación:

Presentaranse en sobre pechado:

No anverso do sobre levará a mención «proposición para tomar parte na contratación pola Deputación da Coruña de servicios para a organización e desenvolvemento do programa de tódalas actividades que integran a campaña de fútbol Deputación da Coruña, 1995».

Dentro do sobre figurará a oferta económica axustada a este modelo:

Don/dona... con domicilio en... rúa..., nº..., código postal... con DNI nº... actuando en nome propio (ou en representación de... con domicilio en... rúa..., nº.... código postal...) toma parte na contratación convocada pola Deputación Provincial da Coruña e publicada con data do... para executar traballos

consistentes na asistencia á Deputación para a Organización e Desenvolvemento de tódalas actividades que integran a «Campaña de fútbol Deputación da Coruña 1995», e fai constar que coñece e acepta o prego de condicións e que se compromete a realiza-lo devandito traballo con suxeición ás referidas cláusulas, no seguinte prezo... pesetas (IVE incluído).

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Ademais terá que achega-los documentos sinalados na cláusula 8 do prego de condicións.

8.-Clasificación: grupo III, subgrupo VIII, categoría B.

6.-Fianza provisional: 620.000 ptas.

7.-Fianza definitiva: 1.240.000 ptas.

8.-Prazo de presentación: as proposicións poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación, c/ Alférez Provisional s/n, 5ª planta dentro do prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.

9.-Exposición do prego: o prego de condicións queda exposto ó público na Sección de Patrimonio e Contratación durante o prazo de 8 días para os efectos establecidos no artigo 122 do Decreto lexislativo 781/1986.

10.-Apertura de plicas: terá lugar na Sala de Conferencias do Pazo Provincial ás 14 horas do mesmo día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

A Coruña, 6 de marzo de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervia

Secretario da Deputación Provincial da Coruña