Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RÍO

ANUNCIO de licitación.

1.-Obxecto.-A contratación por poxa das obras de saneamento, abastecemento e pavimentación en Vilardá. Cooperación local 1995. Decreto 353/1994, 2 de decembro.

2.-Tipo de licitación.-11.129.571 ptas. á baixa.

3.-Prazo de execución.-3 meses.

4.-Expediente.-Atópase na Secretaría do concello, onde se poderá examinar durante o prazo de presentación de proposicións.

5.-Garantías.-A provisional ascende a 222.591 ptas. e a definitiva, ó 4% do remate.

6.-Presentacion de propostas.-Realizarase no rexistro xeral do concello, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da derradeira publicación desta anuncio, en horario de dez a catorce horas.

7.-Apertura de propostas.-Terá lugar na casa do concello, ás 13 horas do primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo sinalado no apartado anterior.

8.-Pregos de condicións.-Rexerá o prego xeral de condicións, aprobado pola corporación en sesión celebrada o 10 de novembro de 1990, publicado no BOP nº 269 do 22 de novembro, e súa modificación aprobada polo pleno en sesión do 2 de xullo de 1992, publicada no BOP nº 164 do 17 de xullo.

9.-Modelo de proposición.-Anexo I.

10.-Tramitación do expediente.-Trámite de urxencia.

11.-Clasificación do contratista: E1 e G6 (categoría C).

Río, 1 de marzo de 1995.

Pedro Fernández Fernández

Alcalde

MODELO DE PROPOSICIÓN

D./Dª..., con domicilio en... rúa... nº... planta... con DNI nº... en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, no seu propio nome (ou en representación de... segundo o acredita con...), toma parte na contratación por... das obras de... facendo constar:

A) Comprométese á execución das obras citadas, no prazo de... en relación co tipo de licitación, con suxeición ó proxecto técnico, prego de condicións económicas e prego xeral de condicións, documentos que declara coñecer, aceptando as obrigas que se deriven dos mesmos.

B) Baixo a súa responsabilidade declara non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación administrativa en materia de contratación.

C) Baixo a súa responsabilidade declara estar ó corrente nas súas obrigas fiscais e tributarias, consonte co disposto no R.D 1.462/1985, do 3 de xullo, e da Seguridade Social.

D) Achega no sobre nº un os documentos que se esixen no prego xeral de condicións.

..., ... de... de 1995.

O licitador-sinatura