Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

Aprobados polo Pleno do Concello, na súa sesión do 24 de xaneiro pasado, o expediente de contra

tación, prego de condicións económico-administrativas, para a contratación da obra de ampliación do cemiterio municipal polo procedemento de concurso, faise público para os efectos de presentárense as proposicións durante o prazo de 20 días hábiles a partir da publicación do último anuncio.

Orzamento máximo: 101.113.384 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

As proposicións para tomar parte na contrata presentaranse en sobre pechado, que poderá estar lacrado e precintado, e que levará a seguinte inscrición: «Proposición para tomar parte na contratación da obra de ampliación do cemiterio municipal». A súa entrega farase directamente nas oficinas deste concello, de 9 a 13 horas, téndose que axustar ó seguinte modelo:

Don/dona..., con domicilio en..., e con DNI nº..., expedido o... en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, en nome propio (ou en representación de...), toma parte na contratación das obras anunciadas no diario... de data..., para o que fai constar:

1.-Ofrece o prezo de... ptas., o que supón unha baixa de... ptas. con respecto ó tipo de licitación.

2.-Declara baixo a súa responsabilidade que non está incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas nos artigos 9 da Lei de contratos do Estado e 23 do Regulamento da dita lei, así como atoparse ó día no cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

3.-Posúe o documento de cualificación empresarial, expedido o día...

4.-Acepta expresamente o proxecto (ou os documentos que o substitúan e mailo prego de condicións económico-administrativas).

Moaña, ... de... de 199...

O/A licitador/a

(Sinatura)

As proposicións virán obrigatoriamente acompañadas da seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI do que presenta a oferta.

-Poder bastante e escritura de constitución da sociedade (persoas xurídicas).

-Resgardo acreditativo de ter constituída a garantía provisional, por importe do 2% do prezo de licitación.

-Memoria asinada polo propoñente que comprenda na súa relación as referencias técnicas, solvencia económica, referencias profesionais no correspondente á súa organización profesional. Os medios técnicos, materiais e persoais para a execución da obra cos pertinentes documentos acreditativos das devanditas referencias; tamén poden suxeri-las modificacións que, sen menoscabo do establecido no prego de condicións, poidan convir á mellor realización do contrato.

O proxecto correspondente pode ser examinado na secretaría do Concello.

-A apertura de plicas celebrarase na Casa do Con

cello de Moaña ás 13 horas do día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

-A corporación reservará para si o dereito de declarar deserto o concurso, segundo o criterio de apreciación libre e discrecional se ningunha das proposicións presentadas resultase conveniente ós fins que se pretenden.

-Antes de formalizarse o contrato o adxudicatario deberá presenta-los seguintes documentos:

1.-Documentación acreditativa de que o licitador está ó día das obrigas tributarias, que segundo sinala no artigo 2º do Rd. 1.462/1985, do 3 de xullo, son:

1.1.-Estar dado de alta na licencia fiscal.

1.2.-Ter presentado as declaracións ou documentos de ingreso do imposto sobre as rendas das persoas físicas, do imposto sobre sociedades, dos pagamentos a conta ou fraccionado ou das retencións a conta de ambos e do imposto sobre o valor engadido.

1.3.-Ter presentado a declaración anual de empresarios ou profesionais sobre as súas operacións con terceiras persoas, a que se refire o R d. 2.529/1986, do 5 de decembro.

2.-Certificación expedida polo tesoureiro da Seguridade Social, acreditativa de atoparse ó día no pagamento das cotas e ter dados de alta ós traballadores ó seu servicio.

3.-Se os ofertantes foran sociedades ou empresas, certifcación expedida polo seu representante competente, acreditativa de que non forman parte dos seus órganos de goberno ou administración persoa ningunha a que se refire a Lei 25/1983, do 26 de decembro, reguladora das incompatibilidades de altos cargos.

Se o contratista non presentase a documentación ou non atendese ós requirimentos para a sinatura do contrato antes establecido ou impedise que se formalice no prazo sinalado, a adxudicación quedará sen efecto de pleno dereito, con perda da garantía provisional ou definitiva e demais consecuencias sinaladas no artigo 97 do Regulamento de contratación das corporacións locais.

-A formalización do contrato farase, en todo caso, dentro dos 30 días hábiles seguintes á data da súa adxudicación definitiva, en documento administrativo ou notarial e despois de que o adxudicatario constitúa a fianza definitiva (4%).

-As obras executaranse con estricta suxeición ás cláusulas estipuladas no contrato e o proxecto que servía de base a este, e de acordo coas instruccións que, interpretando o proxecto, lle dea o contratista ou facultativo da administración, sendo estas sempre por escrito e de obrigado cumprimento para o contratista.

-A modificación do contrato formalizarase en documento administrativo.

-O contrato executarase a risco e ventura do contratista e non será aplicable a revisión de prezos.

Moaña, 30 de xaneiro de 1995.

Cándido Pena Viéitez

Alcalde