Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

O Concello Pleno, na sesión ordinaria celebrada o día 2 de febreiro de l995, aprobou inicialmente o estudio de detalle da rúa de unión entre a da Fraga e a dos Muíños, promovido por instancia de Manuel Pérez Pérez, sinalando como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición, a comprendida entre a rúa dos Muíños e a da Fraga, e ámbalas dúas marxes da rúa de unión do cruzamento de Fene coa da Fraga,

coa delimitación definida no plano número 4 do estudio de detalle. A dita suspensión extinguirase pola aprobación definitiva do estudio de detalle.

O que se fai público co fin de que durante o prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, poida ser examinado o expediente por calquera persoa e formularse as alegacións que procedan.

Fene, 8 de febreiro de 1995.

O alcalde

Rubricado