Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 1 de febreiro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 305 de clasificación do monte Fonte do Ouro, Pedreira e outros pertencente á parroquia de Santa María de Rutis, concello de Culleredo.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente número 305 de clasificación dos montes que teñen as características que se indican a continuación:

Denominación: montes Fonte do Ouro, Pedreira e outros.

Comunidade: parroquia de Sta. María de Rutis.

Concello: Culleredo.

Superficie: 33,34 ha, número de parcelas: 7.

Lindeiros:

De acordo coa descrición que fan os propios solicitantes, relaciónanse da forma seguinte:

I. Fonte do Ouro. Situado nos Chas, A Zapateira. Cunha superficie de 1,72 ha. Coincide coa parcela 343 e parte das 345, 346, 347 e 348 do polígono 12 do Catastro de Rústica. Norte e oeste: muralla e logo muro que a separa de propiedades particulares de José Muíño e outros. Leste: camiño asfaltado a Laxe-Rutis. Sur: camiño público asfaltado do Club de Golf á Ermida.

II. Pedreira. Situado en Rutis. De 0,5593 ha. Atravesado por camiño público. Norte: Antonio Ramallo e Ricardo Muíños, do piquete 1.006 ó 1.013. Leste: José Rumbo Garcia, do piquete 1.013 ó 1.023. Sur:

José Rumbo García, do piquete 1.023 ó 1.026 e deste ó 1.001. Oeste: José Rumbo García e Carmen de Bodelo, do piquete 1.001 ó 1.006.

III. As Brañas. En Rutis. Superficie 0,5747 ha. Coincide coa parcela 170 do polígono 11 de Culleredo, do Catastro. Norte: parcela 164 do polígono 11. Leste: José Martínez Pedreira (parcela 163), Federico Moscoso Candal (parcela 162) e Jesús García Candamio (parcela 161). Sur e oeste: Manuel Blanco (parcela 173), Josefina Gómez Seoane (parcela 172) e José Martínez Seoane (parcela 171).

IV. Fonte do Torno e Gapito. Na Zapateira. Monte que consta de tres parcelas:

a) Parcelas 22 (Cova do Lobo), 16-ab, 15 e 14 do polígono 18 do catastro, Culleredo. Superficie 9,4850 ha. Parcela 22: consta como comunal. Parcela 16-a-b: a nome de Julio Dans Boado e outro. Antes de José Gómez. Parcela 15: a nome de Julio Dans Boado e outro. Antes de Pedro Trigo García. Parcela 14: a nome de Amador Martínez Cerqueiro, antes de Manuel López Martínez.

b) Parcela 219 do polígono 16 do catastro, de Culleredo. Superficie 6,3891 ha.

c) Abelleiras ou Reyna. En Vilaboa. Superficie 13,2188 ha. Coincide coa parcela número 152 do polígono 16 de Culleredo. Norte: Juan López Cabados, Vicente Veira, Juan López, Salvador López Souto, Juan Barreiro, Jacinto Ramallo, Juana Blanco Tabares e Josefa Núñez Maceiras. Leste: Camiño a Laxe-Rutis. Sur: máis monte comunal, viveiro do Patrimonio, Carmen Ramallo, José Seoane, José Mª Paredes, Dolores Segas, camiño, Amelia Carreiras, Antonio Ramallo Rey. Oeste: estrada ó campo de golf.

V. Cadaval: situado en Castro, Rutis. Superficie 0,2929 ha. Norte e leste: José María Franqueira. Sur: José Naya Trillo. Oeste: Luis Muíño.

VI. Canle. Situado en Rutis-Culleredo. Superficie 0,4748 ha. Norte: herdeiros de Juan Naya Seoane, monte Chiruca da Conda e José Blanco Corral, do piquete nº 137 ó 101. Leste: Rego, do piquete 101 ó 105. sur: herdeiros de Juan Naya Seoane e José Rumbo García, piquetes do 105 ó 132. Oeste: monte La Trapichera, Juan Suárez Ríos, camiño e herdeiros de Juan Naya Seoane.

VII. Peneda de Ferro. Situado na Zapateira-Rutis. Superficie 0,6249 ha. Norte: Rego da Reina e camiño. Leste: Juan Seoane (antes da Sra. de Carrero), Alfonso Rumbo. Sur: herdeiros de José Gómez Sancho. Oeste: José María Arrojo, camiño e herdeiros de Seoane.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 1 de febreiro de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistilos en relación co monte, aportando, se é o caso, a documentación que coiden conveniente ó respecto.

A Coruña, 1 de febreiro de 1995.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común

Vº e Prace

Ramón Olano Calleja

Instructor