Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.768

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 59/1995, do 24 de febreiro, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos de Boborás; Piñor; Pobra de Trives, A; Teixeira, A; Trasmiras; Verín; Vilamartín de Valdeorras; Vilardevós e Vilariño de Conso.

A Lei de Galicia 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 10 que «os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega». O mesmo artigo establece no seu apartado 2 que lle corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia.

Tendo en conta o Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia, e contando co preceptivo dictame da Comisión de Toponimia, emitido na súa reunión do día dez de febreiro de mil novecentos noventa e cinco, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Quedan aprobados os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos que figuran no anexo do presente decreto.

Disposición adicional

Do establecido no presente decreto e do seu anexo daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública