Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico no concello de Abadín. (Expediente 4.243 A.T.)

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dun proxecto de instalación do parque eólico coas seguintes características:

Peticionario: Hidroener, S.A. Rúa Ribadeo, 2 entrechán. Lugo.

Situación: concello de Abadín.

Características principais:

Número de aeroxeradores: 34.

Potencia unitaria: 330 kW.

Potencia instalada: 11,22 mW.

Altura das torres: 31 metros.

Diámetro das pas: 30 metros.

Producción anual calculada: 27.489 mW/h.

Orzamento: 1.920.581.494 pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formularse ó mesmo tempo as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 29 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo