Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dun proxecto de instalación do parque eólico coas seguintes características:
Peticionario: Hidroener, S.A. Rúa Ribadeo, 2 entrechán. Lugo.
Situación: concellos de Abadín e A Pastoriza.
Características principais:
Número de aeroxeradores: 36.
Potencia unitaria: 330 kW.
Potencia instalada: 11,88 mW.
Altura das torres: 31 metros.
Diámetro das pas: 30 metros.
Producción anual calculada: 28.346 mW/h.
Orzamento: 1.820.398.180 pesetas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formularse ó mesmo tempo as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Lugo, 28 de decembro de 1994.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo