Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 1995 Páx. 1.704

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de xaneiro de 1995 pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para o fomento do turismo de natureza.

A aparición de novos productos turísticos, onde o medio natural é como compoñente unha constante, obriga a procurar nas áreas afectadas unha oferta de actividades que contribúan a configura-lo producto máis atractivo posible, posibilitando ademais unha capacidade maior de desenvolvemento económico e de xeración de emprego.

A dita adecuación do producto considérase fundamental para conseguir atrae-las expectativas e motivacións dos mercados, onde se manifesta un aumento crecente na demanda polo consumo de productos específicos relacionados coa natureza, como son os turismos verde ou náutico e sobre todo aqueles encamiñados á práctica do ecoturismo ou en xeral de tódalas formas posibles de turismo activo.

Deste xeito adquire cada día máis importancia para o desenvolvemento do turismo o dispoñer de empresas especializadas na organización, explotación e xestión de servicios que faciliten a práctica de actividades onde os valores medioambientais, naturais, culturais e deportivos sexan compoñentes fundamentais de productos que comezan a ser punteiros nos mercados e onde esta comunidade dispón das máis altas potencialidades.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-DESTINATARIOS.

A Secretaría Xeral para o Turismo poderá conceder subvencións con cargo á aplicación 04.05.651-A.773.00 do programa «Ordenación, promoción, xestión e fomento do turismo» dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1995, dentro do concepto «Fomento do turismo de natureza», ás empresas privadas que xestionen servicios relacionados co turismo de natureza.

As ditas concesións estarán limitadas polos créditos dispoñibles para este fin.

Artigo 2º.-OBXECTO.

Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta orde, as accións que comprendan proxectos destinados a facilita-la prác

tica de actividades que se realicen en contacto coa natureza e que respondan a formas de turismo activo.

Artigo 3º.-CONDICIÓNS PARTICULARES.

1.-Os proxectos que se subvencionen serán globais, polo que comprenderán tódalas obras, instalacións e equipamentos que se é o caso contemplen.

2.-Así mesmo, os proxectos que se subvencionen terán que comezarse durante o ano 1995 e estar rematados con tempo dabondo para xustifica-lo investimento subvencionado dentro dos prazos establecidos nesta orde.

Artigo 4º.-CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS.

Os proxectos que se contemplan nesta orde como accións subvencionables poderán acadar unha axuda económica máxima de ata o 40% sobre o investimento subvencionable. Non se considerará subvencionable a adquisición de terreos, taxas, impostos, honorarios de técnicos e IVE Independentemente do importe total do investimento subvencionable a contía máxima da subvención non poderá supera-los catro millóns de pesetas.

Artigo 5º.-SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN.

l.-As solictudes, dirixidas ó secretario xeral para o Turismo, maila documentación que de seguido se especifica, presentarase, por duplicado exemplar, no Servicio Provincial de Turismo correspondente á localización do investimento, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de un mes a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

a) Solicitude segundo o anexo I.

b) Declaración segundo o anexo II.

c) Fotocopia compulsada do NIF ou CIF do solicitante, segundo corresponda, xunto co documento acreditativo de estar dado de alta no imposto de actividades económicas.

d) Certificación bancaria da conta onde deberá aboarse a subvención, se é o caso.

e) Memoria explicativa do proxecto asinada polo solicitante ou representante legal. Se o proxecto prevé a realización de obras, achegarase tamén proxecto básico, asinado por técnico facultado, e licencia urbanística expedida polo concello da localización do investimento ou fotocopia compulsada da súa solicitude.

f) Orzamento pormenorizado do investimento, por conceptos, asinado polo solicitante ou facturas pro forma del.

g) Modelo de contrato cando sexa precisa a súa utilización nas relacións entre a empresa e o usuario.

h) Proxecto de póliza de seguros que cubra suficientemente os riscos dos usuarios na utilización dos servicios ofertados.

i) Se é o caso, autorizacións administrativas necesarias para desenvolve-la actividade ou fotocopia compulsada das súas solicitudes.

O Servicio Provincial de Turismo poderá, en calquera momento, solicita-la documentación complementaria que considere necesaria para un mellor estudio do expediente.

2.-As compulsas que procedan para a documentación que se especifica nesta orde faranse no correspondente Servicio Provincial de Turismo.

Artigo 6º.-SELECCIÓN DAS SOLICITUDES E RESOLUCIÓN.

1.-Para a valoración das solicitudes teranse en conta os seguintes criterios:

-A oferta de servicios proxectada.

-As garantías de seguridade para os usuarios.

-A experiencia da empresa na oferta de servicios relacionados co turismo.

-A potenciación da herdanza cultural.

-A xeración de postos de traballo.

-Cando se trate de organización de rutas, o interese turístico destas.

-Cando o proxecto contemple equipamentos de carácter móbil, valorarase especialmente a súa adecuación ó medio físico no que vaian desenvolverse.

2.-Os interesados repararán, a requirimento do correspondente Servicio Provincial de Turismo, os defectos dos expedientes de solicitude de subvención que o precisen, segundo o sinalado no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procedéndose ó arquivo, sen máis trámite, daqueles que non se tramitaran en tempo e forma.

3.-Os delegados provinciais da Consellería da Presidencia e Admón. Pública, á vista dos expedientes e dos informes que ó respecto emitan os Servicios Provinciais de Turismo, analizarán e calificarán os proxectos, elevando proposta de resolución ó secretario xeral para o Turismo.

4.-Dictadas as resolucións de concesión polo secretario xeral para o Turismo, aquelas seranlles notificadas ós interesados, no prazo máximo de dous meses, contados desde o día seguinte ó do remate do prazo de presentación de solicitudes que se expresa no artigo 5º anterior.

5.-De conformidade co establecido no Decreto 264/1994, do 29 de xullo, entenderanse desestimadas as solicitudes sobre as que non recaia resolución expresa no prazo de seis meses, contados desde a data do rexistro de entrada da solicitude.

Artigo 7º.-ACEPTACIÓN E RENUNCIA DAS SUBVENCIÓNS.

l.-Unha vez recibidas as notificacións de concesión de subvención polos beneficiarios, estes, no prazo

de quince días, comunicaranlle ó Servicio Provincial de Turismo correspondente a aceptación ou renuncia a elas. Se transcorridos os quince días non se fisexe manifestación en ningún sentido, tal feito entenderase como renuncia á subvención e procederase, sen máis trámite, ó arquivo do expediente.

2.-Unha vez verificadas as renuncias ás subvencións concedidas, o secretario xeral para o Turismo poderá utiliza-los créditos liberados en conceder novas subvencións a solicitudes onde os proxectos cumpran os requisitos establecidos na presente orde.

Artigo 8º.-XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS.

l.-Os beneficiarios de subvencións, unha vez executados os investimentos, deberán xustificalos o antes posible, nunca con posterioridade ó 16 de outubro de 1995, data límite para a presentación da xustificación.

2.-0 proxecto xustificado deberá coincidir co aceptado na resolución de concesión da subvención; se o investimento xustificado fose menor e sempre mantendo os fins para os que se concedeu a subvención, esta reducirase proporcionalmente ó investimento non xustificado.

3.-Para percibi-la subvención os beneficiarios achegarán ó Servicio Provincial de Turismo correspondente, por triplicado exemplar, a seguinte documentación:

3.1. Solicitude de cobro, segundo o modelo do anexo III.

3.2. Facturas orixinais do investimento realizado ou fotocopia compulsada delas, ou certificación por conceptos, asinada por técnico facultado, visada polo correspondente colexio oficial, relativa a obra executada coa súa valoración.

3.3. Certificados de estar ó corrente nas obrigas tributarias coas Facendas do Estado e a da Comunidade Autónoma e de estar ó corrente nas obrigas coa Seguridade Social e estar ó día no pago do imposto de actividades económicas.

3.4. Fotocopia compulsada da póliza de seguros subscrita para cubri-los riscos dos usuarios.

3.5. Licencia urbanística expedida polo concello, se non se achegou anteriormente.

3.6. Autorizacións administrativas necesarias para desenvolve-la actividade, se non se achegaron con anterioridade.

4.-Para o non previsto anteriormente será de aplicación o disposto nesta materia na Lei da presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1995 e artigos 78 e 79 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Disposición derradeira

Facúltase o secretario xeral para o Turismo para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións oportunas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública