Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, pola vía de urxencia, para a contratación de dous helicópteros destinados a misións de protección civil.

1.-Obxecto do contrato: a prestación do servicio consiste na contratación de dous helicópteros de uso exclusivo, destinados a realizar misións de protección civil, salvamento, prestar axuda médica urxente, rescate, vixilancia e transporte sanitario, por un orzamento de contrato de 199.860.000 pesetas, IVE excluído, por aplicación do artigo 22.4 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, nun único lote, que deberán reuni-las condicións que se especifican na base 1.5 do correspondente prego (un tipo A medicalizado e outro tipo B polivalente).

2.-Duración da prestación do servicio: será de un ano, comprendido entre o 1 de abril de 1995 e o 31 de marzo de 1996.

3.-Dispoñibilidade da documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, económicas e técnicas, estará a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, na Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, rúa de Algalia de Arriba, 31, Santiago de Compostela.

4.-Clasificación esixida: grupo III, subgrupos 8 e 9, categoría D, expedida pola xunta consultiva de contratación administrativa (Real decreto 52/1991, do 25 de xaneiro).

5.-Fianza provisional: o 2% do orzamento fixado constituirase segundo o disposto no artigo 340 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

6.-Presentación e apertura de proposicións: as proposicións deberán presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, antes das catorce horas do día en que se cumpran 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste concurso no Diario Oficial de Galicia. No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitirase un télex ou telegrama ó servicio indicado no parágrafo 3º, no que se comunique a presentación da oferta (artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, en acto público, que terá lugar nunha das salas da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela, ás 11 horas do primeiro día hábil, que non coincida en sábado, transcorridos cinco días naturais contados a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1991.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral para a Protección Civil

e o Medio Ambiente