Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 1995 Páx. 1.636

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 30 de xaneiro de 1995 polo que se fai público o nomeamento de xuíz de paz substituto de Sober (Lugo).

O Pleno da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do día 30 de xaneiro de 1995, acordou nomear -por un período de catro anos- a José Germán Álvarez Vázquez xuíz de paz substituto de Sober (Lugo), concello desta Comunidade Autónoma, nomeamento que se fai directamente xa que no concurso que convocou a Sala de Goberno ultimamente non houbo ningún solicitante ou, noutro caso, os solicitantes non foron considerados idóneos para o desempeño do cargo e tendo en conta que o concello, no seu día, non elixiu persoa ningunha para os ditos cargo.

Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de alzada dentro dos 15 días seguintes á publicación deste edicto para ante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

0 xuíz de paz nomeado deberá prestar xuramento ou promesa na forma que establece o artigo 101.5 da Lei orgánica do poder xudicial perante o xuíz de primeira instancia e instrucción respectivo no prazo de 10 días a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de tres días tomarán posesión no xulgado de paz para o que sexan nomeados perante quen se achar exercendo a xurisdicción.

Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese.

A Coruña, trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala de Goberno do TSXG