Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 1995 Páx. 1.622

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 54/1995, do 16 de febreiro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello de Lousame.

O Concello de Lousame considerou conveniente adopta-lo seu escudo heráldico para perpetuar, con simboloxía adecuada e conforme as normas da heráldica, os feitos máis relevantes e peculiares do seu pasado histórico. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións vixentes, elevou o correspondente informe e memoria descritiva para a súa aprobación definitiva.

O expediente instruiuse conforme as normas do procedemento establecidas na Lei de réxime local, no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico, das corporacións locais e mais no Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

A competencia exclusiva correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto, polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Aproba-lo escudo heráldico do Concello de Lousame, que quedará organizado do seguinte xeito: de azur, báculo abacial de ouro, encostado de dúas lousas de prata; bordura de sinople, con sete aneis de prata. Ó timbre coroa real pechada.

Santiago de Compostela, dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribame

Presidente

José Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais