Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio de transporte público regular temporal de viaxeiros por estrada a feiras e mercados: V-1719-LU-50, de Ferreira a varios (provincia de Lugo).

Ideal Auto, S.A., solicitou cambio de titularidade ó seu favor, da concesión do servicio de transporte público regular temporal de viaxeiros por estrada a feiras e mercados: V-1719; LU-50 de Ferreira a varios.

Esta dirección xeral resolveu autoriza-lo dito cambio de titularidade quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas do cedente fronte, á Administración.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes