Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Alargamento e mellora da estrada PO-340 Tui-Ramallosa. Treito: Couso-Tui 2ª fase.

Adxudicatario: Cimsa.

Orzamento: 373.750.000 ptas.

Asistencia técnica para desenvolvemento do plan hidrolóxico de Galicia-Costa das concas dos ríos Umia, Lérez, Mera, Sor, Landro, Ouro, Cobo e Masma.

Adxudicatario: Segurpresa.

Orzamento: 60.749.220 ptas.

Pavimentación de camiños no rural, concello da Cañiza (Pontevedra).

Adxudicatario: Pavisa.

Orzamento: 12.728.007 ptas.

Asistencia técnica redacción proxecto prolongación do acondicionamento do río Pontiñas desde a N-525 ó parque industrial.

Adxudicatario: Inor, S.L.

Orzamento: 12.235.000 ptas.

Rede de saneamento do núcleo de Seaia (Malpica), segunda fase.

Adxudicatario: López Cao, S.L e Construcciones Bastón, S.L. (UTE).

Orzamento: 22.882.500 ptas.

Asistencia técnica para control dos vertidos da empresa Elnosa.

Adxudicatario: Cotecno.

Orzamento: 14.427.000 ptas.

Colectores xerais e E.D.A.R. da Fonsagrada.

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Orzamento: 156.727.490 ptas.

Asistencia técnica para redacción do proxecto de trazado da nova estrada vía de alta capacidade do Val Miñor. Tramo: Vigo-Mos.

Adxudicatario: Interurban, S.A.

Orzamento: 14.600.000 ptas.

Saneamento integral de Sanxenxo.

Adxudicatario: Cubiertas y MZOV, S.A.

Orzamento: 526.638.087 ptas.

Asistencia técnica para a tramitación de expediente administrativo da provincia de Pontevedra.

Adxudicatario: Estudios del Noroeste, S.A.

Orzamento: 9.606.870 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun

prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1995.

P.D. (13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda