Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.564

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de xaneiro de 1995 pola que se outorgan sete bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión celebrada o día 25 de xaneiro de 1995 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de sete bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, segundo convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 244, do 21 de decembro de 1994, e de conformidade coas competencias que me recoñece o artigo 3º do Decreto 25/1993, do 11 de febreiro (DOG nº 34, do 19 de febreiro), esta consellería

DISPÓN:

Outorga-las anteditas bolsas as persoas que a continuación se relacionan:

Artigo 2º

A contía das bolsas durante o período do seu desfrute será de 122.000 ptas. mensuais, segundo o establecido na base segunda da mencionada orde de convocatoria.

Artigo 3º

A presente disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Sr. Director Xeral de Política Lingüística