Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.563

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 50/1995, do 16 de febreiro, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de alargamento, mellora de trazado da estrada C-630 Pravia-Lugo, tramo A Lastra-A Fonsagrada (clave: N/LU/87.2.0.2).

Con data 10 de febreiro de 1995 o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de trazado da obra de alargamento e mellora de trazado da estrada C-630 Pravia-Lugo. Tramo: A Lastra-A Fonsagrada.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2º do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración por estar incluída nas actuacións programadas no itinerario Lugo-A Fonsagrada con outros tramos xa en construcción, contando con financiamento da Unión Europea.

En virtude de todo o exposto, e en aplicación do artigo 28.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído para efectos de expropiación, no proxecto das obras de alargamento e mellora do trazado da estrada C-630 Pravia-Lugo, Tramo: A Lastra-A Fonsagrada.

Santiago de Compostela, dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda