Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.556

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de xaneiro de 1995 pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para o fomento do turismo rural e a modernización de balnearios.

As novas tendencias da demanda turística cara ó consumo de novos productos, caracterizados polo seu poder desestacionalizador e capacidade para promover un turismo sostible, obriga á procura dun desenvolvemento efectivo na zona rural turística e un mellor aproveitamento dos recursos termais en Galicia, xa que se identifican plenamente cos ditos productos.

A situación das actividades primarias existentes no espacio rural, onde non se poden manter comunidades economicamente eficientes, provoca un continuo éxodo da poboación que leva consigo o abandono de vellas casas de construccións perfectamente integradas no medio e na paisaxe. Deste xeito é con

veniente poñer en práctica a estratexia definida por unha política dirixida a: evita-la despoboación, recupera-la tradicional vivenda rural galega e promover unha economía que corrixa as súas fluctuacións motivadas pola dependencia da natureza e clima. Todo iso para propicia-la xeración de ingresos e unha diversificación de economía local que debe redundar na mellora da calidade de vida da súa comunidade e posiblemente a oportunidade de volver á súa terra a xentes que o desexen.

Tamén a recuperación, nos espacios rurais, de construccións cun grande valor histórico e artístico como os pazos, mosteiros e castelos e mesmo antigas casas rectorais, para a súa utilización turística, debe significar un importante aporte á calidade da oferta e consecuentemente ó desenvolvemento económico da zona.

Por outra banda, cómpre aproveita-las grandes potencialidades dos balnearios galegos, modernizando as súas instalacións e servicios, xa que logo dispoñen de grandes atractivos para comprace-la demanda actual como ademais das augas e as diversas técnicas balneoterapias as condicións ambientais, o desfrute da natureza e o descanso, que fan das estacións termais un destino turístico incuestionable.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo 1º. DESTINATARIOS.

A Secretaría Xeral para o Turismo poderá conceder subvencións con cargo ás aplicacións 04.05.651-A.770.00 e 04.05.651.-A.770.02 do programa «Ordenación, promoción, xestión e fomento do turismo» dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1995, dentro do concepto «Fomento do turismo rural e modernización de balnearios», ás persoas físicas e xurídicas que de seguido se especifican:

-As persoas físicas e xurídicas propietarias das vivendas obxecto de subvención.

-As persoas físicas e xurídicas co mesmo título de propiedade cás anteriores, beneficiarias do programa «Lanza» do Instituto Galego de Promoción Económica para a creación de empresas de desenvolvemento de turismo rural.

-Os titulares dos establecementos balnearios.

As ditas concesións estarán limitadas polos créditos dispoñibles para este fin.

Artigo 2º. OBXECTO.

Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta orde, as accións que de seguido se relacionan.

a.-A rehabilitación e mellora de construccións -situadas nos espacios rurais, sempre que as súas características posibiliten a oferta de aloxamento e outros servicios complementarios e estean encadradas, de acordo co sinalado nos artigos 2º e 3º da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de xaneiro de 1995, ben na modalidade de hospedería dos grupos A ou B ou ben no grupo C.

Serán subvencionables tanto a redacción dos proxectos de obra e decoración como a propia execución da obra.

b.-A mellora e modernización das instalacións dos establecementos balnearios considerándose subvencionable, unicamente, a execución da obra.

Artigo 3º. CONDICIÓNS PARTICULARES.

Ademais do establecido na antedita Orde do 2 de xaneiro de 1995, as accións que se subvencionen deberán cumpri-las seguintes condicións:

a) Os proxectos serán globais, é dicir, comprenderán tódalas obras e instalacións, non só as pertencentes á propia edificación senón tamén, se é o caso, ás da contorna afecta á propiedade do predio debéndose, en todo caso, na súa redacción respecta-las características peculiares do medio rural galego.

b) Os investimentos que sexan obxecto de subvención terán que comezarse durante o ano 1995 e estar rematados con tempo dabondo para xustifica-lo investimento subvencionado dentro dos prazos establecidos nesta orde. Exceptúanse os proxectos iniciados con anterioridade, sempre e cando os solicitantes aporten certificación valorada das obras realizadas, asinada por técnico facultado e visada polo correspondente colexio oficial.

No caso de que cumpra parti-la execución dos proxectos, tal feito terá que constar expresamente na memoria, desagregando o proxecto por fases con indicación do orzamento de cada unha delas, a nivel de concepto. En todo caso, cada unha das fases constituirán ou completarán unha unidade de explotación.

c) Os titulares dos establecementos de turismo rural subvencionados adquiren os seguintes compromisos:

1.-Solicita-la autorización de apertura ante a Administración turística nun prazo máximo de tres meses contados a partir da data da xustificación final do investimento.

2.-Mante-la súa actividade durante un período mínimo de quince anos, contados desde a data de concesión da autorización de apertura expedida pola Administración turística.

3.-Oferta-los seus servicios mediante prezos semellantes ós que operan no mercado desta Comunidade Autónoma para os establecementos análogos, sen prexuízo do disposto na lexislación vixente sobre prezos.

d) A titularidade dos establecementos de turismo rural que se subvencionen terán que ostenta-la propiedade da vivenda obxecto de subvención. No caso de persoas físicas, a responsabilidade da xestión da explotación destes establecementos, corresponderá o seu titular, agás nos casos de xubilación deste, onde a dita xestión poderá ser desenvolvida por outra persoa sempre que resida tamén na vivenda subvencionada; no caso de enfermidade grave, tamén poderá ser substituída provisionalmente por outra persoa aínda que non resida na mesma vivenda.

Cando se trate de persoas xurídicas, a responsabilidade da xestión de explotación destes estable

cementos corresponderalle a unha persoa física, coa residencia na vivenda obxecto de subvención, e con poder dabondo para exercer esta responsabilidade; o dito poder terá que realizarse en escritura pública.

e) Os proxectos que se subvencionen terán que publicita-la colaboración da Secretaría Xeral para o Turismo, mentres se realicen as obras, mediante un cartel que se exhibirá en sitio ben visible. As características do dito cartel serán facilitadas polos Servicios Provinciais de Turismo. Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta do beneficiario da subvención.

f) Os proxectos que se subvencionen terán que cumpri-lo disposto no Decreto 286/1992, do 8 de outubro (DOG do 21-10-1992), sobre accesibilidade e eliminación de barreiras.

g) Os proxectos de mellora e modernización dos establecementos balnearios terán que cumpri-los requisitos da normativa turística vixente cando efecten a instalacións que o requiran.

Artigo 4º. CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS.

1.-Os proxectos de turismo rural, que se recollen nesta orde como accións subvencionables, poderán acadar un máximo de axuda de ata o 50% do orzamento de investimento subvencionable. Non se considera investimento subvencionable os honorarios por dirección de obra nin as taxas e impostos.

2.-A contía máxima da subvención para os proxectos de pazos, castelos, mosteiros, casas grandes e casas rectorais, na modalidade de hospedería, non poderá superar un millón cincocentas mil pesetas por praza de aloxamento ofertada ó público. Se o proxecto prevé a creación dun restaurante engadiráselle á contía anterior cento vintecinco mil pesetas por praza nel.

3.-A contía máxima da subvención, para os proxectos de «Casa de Aldea Hospedería» non poderá superar un millón duascentas mil pesetas por praza de aloxamento ofertada ó público. Se o proxecto prevé a creación dun restaurante engadiráselle á contía anterior, cen mil pesetas por praza nel.

4.-A contía máxima da subvención para os proxectos de «Casas de Labranza» non poderá supera-las setecentas cincuenta mil pesetas por praza ofertada ó público.

5.-Os proxectos de establecementos balnearios, que se recollen nesta orde como accións subvencionables poderán acadar un máximo de axuda de ata o 50% do orzamento de investimento subvencionable. Non se considera investimento subvencionable os honorarios por dirección de obra nin as taxas e impostos.

Artigo 5º. SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN.

1.-As solicitudes, dirixidas ó secretario xeral para o Turismo maila documentación que de seguido se especifica presentarase, por duplicado exemplar, no Servicio Provincial de Turismo correspondente á localización do investimento, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común no prazo de un mes a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

a) Solicitude segundo o modelo do anexo I.

b)Declaración segundo o modelo do anexo II.

c)Fotocopia compulsada do NIF do solicitante.

d) Cédula urbanística emitida polo Concello sobre as condicións que debe cumpri-la execución do proxecto para que este sexa conforme coa legalidade urbanística vixente.

e) Certificación bancaria da conta onde se aboará a subvención, se é o caso.

f) Proxecto básico asinado por arquitecto ou arquitecto técnico, segundo corresponda, facendo consta-lo seu número de colexiado, e no que se comprenda:

-Unha sucinta memoria explicativa do proxecto.

-Plano de localización do investimento.

-Reseña dos materiais que se van utilizar, con indicación dos utilizados en cubertas, fachadas, ventás, pisos, paredes, calefacción e cuartos de aseo.

-Reseña dos mobles e equipamentos que se van instalar.

-Fotografías que posibiliten unha visión completa do estado actual do inmoble e a súa contorna.

-Prazo de execución do investimento, compatible coa orde.

g) Para os proxectos de «Casas de Labranza» achegarase tamén fotocopia compulsada da última liquidación do solicitante do IAE na actividade que desenvolva, tanto sexa agrícola, como gandeira ou forestal.

h) Para os proxectos promovidos por persoas xurídicas, achegarase copia autenticada dos seus estatutos, nos que se indicará, con dilixencia do seu secretario, que estes son os vixentes.

2.-Dentro do mesmo prazo do mes citado no punto 1 anterior, os solicitantes de subvención para a creación de aloxamentos de Turismo Rural, serán requiridos polo Servicio Provincial de Turismo para cubrir un cuestionario, que quedará integrado no expediente para a súa valoración.

3.-As compulsas que procedan para toda a documentación que se especifica nesta orde faranse nos correspondentes servicios provinciais de Turismo.

Artigo 6º. SELECCIÓN DAS SOLICITUDES E RESOLUCIÓN.

l.-Para a valoración da solicitudes teranse en conta os seguintes criterios:

-A oferta de servicios proxectada para o establecemento.

-O estado actual e as características da construcción.

-As características da rehabilitación.

-O mobiliario e os equipamentos proxectados.

-A xeración de postos de traballo (incluso autónomos).

-A relación entre a oferta de servicios e o investimento proxectado.

-O cuestionario ó que se fai referencia no punto 2 do artigo 5º.

-A localización do investimento atendendo a súa situación, accesos, infraestructuras básicas e oferta de servicios de utilización turística.

2.-Os interesados emendarán, a requirimento do correspondente Servicio Provincial de Turismo, os defectos dos expedientes de solicitudes de subvención que o precisen, segundo o sinalado no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común pocedéndose ó arquivo, sen máis trámite, daqueles que non se cubrisen en tempo e forma.

3.-Os delegados provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, á vista dos expedientes e dos informes, que ó respecto emitirán os servicios provinciais de Turismo, analizarán e cualificarán os proxectos, elevando proposta de resolución ó secretario xeral para o Turismo.

4.-Dictadas as resolucións de concesión polo secretarío xeral para o Turismo, aquelas seranlles notificadas ós interesados, no prazo máximo de dous meses, contados desde o día seguinte ó do remate do prazo de presentación de solicitudes que se expresa no artigo 5º anterior.

5.-De conformidade co establecido no Decreto 264/1994, do 29 de xullo, entenderanse desestimadas as solicitudes sobre as que non recaese resolución expresa no prazo de seis meses contados desde a data do rexistro de entrada da solicitude.

Artigo 7º. ACEPTACIÓN E RENUNCIA DAS SUBVENCIÓNS.

1.-Unha vez recibidas as notificacións de concesión de subvención polos beneficiarios, estes no prazo de quince días comunicaranlle ó Servicio Provincial de Turismo correspondente a aceptación ou renuncia a elas. Se transcorridos os sinalados quince días non se fisexe manifestación en ningún sentido, tal feito entenderase como renuncia á subvención e procederase, sen máis trámite, ó arquivo do expediente.

2.-E, no prazo de dous meses do recibo da notificación de subvención, os beneficiarios achegarán ó Servicio Provincial de Turismo correspondente a seguinte documentación:

a) Proxecto definitivo da acción subvencionada visado polo correspondente colexio oficial.

b) Licencia urbanística de obras, expedida polo concello, ou solicitude dela, na que se faga referencia explícita ó proxecto subvencionado. Estes documentos poderanse substituír por fotocopias compulsadas deles.

Os beneficiarios de subvención para proxectos de turismo rural achegarán tamén:

c) Fotocopia compulsada de documento que acredite que o solicitante é propietario do predio obxecto de rehabilitación. No caso de existir propiedade pro indivisa, deberá aportarse poder notarial dos copro

pietarios, outorgando representación ó solicitante, que deberá ser un deles, para actuar neste procedemento e asumi-los compromisos derivados do establecido nesta orde.

d) Para os pazos, castelos, mosteiros, casas grandes e casas rectorais, informe da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental da Consellería de Cultura, no que se sinale, segundo os seus propios criterios, a denominación que lles puidese corresponder.

e) Se o inmoble dispón de brasóns, unha sucinta historia relacionada con eles, cunha breve explicación heráldica e detalles das características da construcción.

Se transcorridos os ditos dous meses non se cubrise a anterior documentación procederase, sen máis trámite, ó arquivo do expediente.

3.-Unha vez verificadas as renuncias das subvencións concedidas, o secretario xeral para o Turismo poderá utiliza-los créditos liberados para conceder novas subvencións a proxectos correspondentes a solicitudes presentadas, sempre que estas cumpran os requisitos establecidos na presente orde.

Artigo 8º. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS.

1.-Os beneficiarios de subvencións concedidas na virtude da presente orde, unha vez executado o investimento deberán xustificalo o antes posible e nunca con posterioridade ó 16 de outubro de 1995, data límite da presentación da xustificación.

2.-O proxecto xustificado deberá coincidir co aceptado na resolución de concesión da subvención, se o investimento xustificado fose menor e sempre mantendo os fins para os que se concedeu a subvención, esta reducirase proporcionalmente ó investimento non xustificado.

3.-Para percibi-la subvención os beneficiarios achegaranlle ó Servicio Provincial de Turismo correspondente, por triplicado exemplar, a seguinte documentación:

3.1. Solicitude de cobro segundo o modelo do anexo III.

3.2. Facturas orixinais do investimento realizado, ou fotocopia compulsada delas, ou certificación por conceptos, asinada por técnico facultado, visada polo correspondente colexio oficial, relativa á executada coa súa valoración.

3.3. Certificados de estar ó corrente nas súas obrigas tributarias coas facendas do Estado e a da Comunidade Autónoma e de estar ó corrente nas obrigas coa Seguridade Social.

3.4. Licencia urbanística de obras, no caso de que non se achegase con anterioridade.

Os beneficiarios de subvención para proxectos de turismo rural achegarán tamén:

3.5. Certificación de residencia do titular, emitida polo concello da localización do investimento subvencionado, se ó solicitante é persoa física; e certificación expedida polo Rexistro Mercantil, de domicilio social da empresa no concello da localización do investimento subvencionado, se é persoa xurídica.

3.6. Acreditación da anotación no Rexistro da Propiedade do compromiso adquirido que se expresa no artigo 3º. c). 2 da presente orde.

4.-Para o non previsto anteriormente, haberá que aterse ó disposto nesta materia na Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1995 e nos artigos 78 e 79 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Disposición derradeira

Facúltase o secretario xeral para o Turismo para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións oportunas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública