Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.551

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMUNIDADE DE MADRID

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1994, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Transportes, pola que se procede á publicación da resolución sancionadora en materia de transportes que se cita. (Expediente 11.BD-04721.6/1994).

Dado que non foi posible practicar no domicilio dos seus destinatarios as notificacións que se relacionan no anexo I, procédese á súa publicación no boletín oficial, para efectos do disposto no artigo 59.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro).

Contra os ditos actos, que non esgotan a vía administrativa, pode interporse escrito de alegacións, presentando ou propondo as probas que se consideren oportunas no prazo de quince días a partir da presente publicación. O que se fai público para xeral coñecemento.

CLAVES DE IDENTIFICACIÓN

-(1) Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 31 de xullo).

-(2) Real decreto 1.211/1990, do 28 de setembro, Regulamento de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 8 de outubro).

-(3) Regulamento (CEE) nº 3.820/1985 do consello, do 20 de decembro de 1985 (DOCE do 31 de decembro).

-(4) Regulamento (CEE) nº 3.821/1985 do consello, do 20 de decembro de 1985. (DOCE do 31 de decembro).

-(5) Orde do 25 de outubro de 1990 pola que se regulan os distintivos dos vehículos que realizan transporte (BOE do 30 de outubro).

-(6) ATP, acordo sobre transporte internacional de mercadorías perecedoiras.

-(7) Orde do 26 de decembro de 1990 sobre réxime xurídico da declaración de porte (BOE do 8 de xaneiro de 1991) e Resolución do 1 de agosto de 1991 (BOE do 24 de agosto) pola que se establecen as súas regras de aplicación.

-(8) Real decreto 2.296/1983, do 25 de agosto (BOE do 27 de agosto) sobre tráfico e circulación de vehículos de escolares e de menores.

-(9) TCP, Regulamento nacional de transporte de mercadorías perigosas por estrada, Real decreto 1.723/1984, do 20 de xuño (BOE do 25 de setembro).

-(10) Real decreto 2.312/1985, do 24 de setembro (Ministerio de Industria e Enerxía). Transporte por estrada. Normas de homologación, ensaio e inspección de vehículos destinados ó de mercadorías perecedoiras (BOE do 13 de decembro de 1985).

-(11) Real decreto do 14 de novembro de 1986. Regulamentación técnico-sanitaria sobre condicións xerais de transporte terrestre de alimentación e productos alimentarios a temperatura regulada.

-(12) Real decreto 74/1992, do 31 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento nacional de transportes de mercadorías perigosas (TCP) (BOE do 22 de febreiro de 1992).

-(13) Orde ministerial do 27 de marzo de 1992 sobre arrendamento de vehículos sen conductor que desenvolve a sección I, do capítulo IV, do título V do Regulamento da LOTT (BOE do 7 de abril).

-(14) Real decreto 2.483/1986, do 14 de novembro de 1986. Alimentos. Regulamentación técnico-sanitaria sobre condicións xerais de transporte terrestre de alimentos e productos alimentarios a temperatura regulada.

-(34) Real decreto 2.561/1982, do 24 de setembro (Presidencia). Leite e productos lácteos: regulamentación técnico-sanitaria de industria, almacenamento, transporte, comercialización. Decreto 3.263/1976, do 26 de novembro (Presidencia). Carne e matadoiros. Regulamentación técnico-sanitaria de matadoiros, salas de desfeita, centros de contratación, almacenamento e distribución de carnes e despoxos.

Madrid, 27 de decembro de 1994.

Francisco Peyró Díaz

Secretario xeral técnico da Consellería de

Transportes

Listado de expedientes para publicar:

Denunciada: Margarita López Rodríguez.

Último domicilio coñecido: Rúa Nova, 70. 27600 Sarria (Lugo).

Infracción: Carecer de tódolos distintivos.

Preceptos infrinxidos: L 16/1987 art. 142 c) (01). RD 1.211/1990 art. 199 c) (02). OM 25-10-1990 (BOE 30) (05).

Expediente: 11-BD-04721.6/1994.

Data denuncia: 23-5-1994.

Precepto sancionador: L 16/1987, art. 143 e RD 1.211/1990 art. 201.

Sancionable por: 15.000 ptas.