Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Camiño de acceso ó porto de Muxía.

Adxudicatario: Cuíña, S.A.

Orzamento: 150.234.724 ptas.

Asistencia técnica para a elaboración do regulamento da xestión do canón de saneamento de augas residuais.

Adxudicatario: ATC, S.A.

Orzamento: 14.250.000 ptas.

Mellora e urbanización no porto de Ribeira.

Adxudicatario: Segundo Rodríguez, S.L.

Orzamento: 103.286.160 ptas.

Asistencia técnica para o mantemento e tratamento informático das estacións de aforo da C.P.T.O.P.V. na provincia de Ourense.

Adxudicatario: Tranor, S.L.

Orzamento: 12.950.000 ptas.

Terceiro pantalán en Ribadeo.

Adxudicatario: Luimar, S.A.

Orzamento: 12.946.905 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do estudio do caudal ecolóxico por tramos de río no ámbito das concas hidrográficas de Galicia-Costa.

Adxudicatario: Fernando Mariño Fernández.

Orzamento: 9.800.000 ptas.

Pavimentación do peirao das Corbaceiras no porto de Pontevedra.

Adxudicatario: Copdisa.

Orzamento: 9.860.523 ptas.

Asistencia técnica estudio e proxecto de construcción da nova estrada conexión Cambados con rede de alta capacidade treito: Cambados-Ribadumia-Meis.

Adxudicatario: Interurbán, S.A.

Orzamento: 13.700.000 ptas.

Mellora da capa de rodadura na C-550 Cangas-Ponte de Rande.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones.

Orzamento: 72.223.142 ptas.

Asistencia técnica e control técnico dos equipos electromecánicos e instalacións das obras. E.D.A.R. Cambados e Vilanova, E.D.A.R. Vilagarcía e E.T.A.P. Carballlo.

Adxudicatario: Lloyd Register España, S.A.

Orzamento: 6.449.282 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notificase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1995.

P.D. (13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda