Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos que se mencionarán se dictou a sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din así:
«Sentencia. En Santiago de Compostela, trinta de novembro de mil novecentos noventa e catro.
Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 411/1993, seguidos por agresión; é denunciante María Victoria Vázquez Souto, maior de idade; e aparece como parte denunciada Ángel Casal Vázquez, maior de idade; figura igualmente como parte o ministerio fiscal.
Decido que debo absolver e absolvo libremente a Ángel Casal Vázquez da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, e decláranse as custas de oficio.
Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.
Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»
Para que así conste e sirva de notificación en legal forma a María Victoria Vázquez Solito e Ángel Casal Vázquez, o cal se encontra en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.
O secretario
Rubricado