Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.524

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 16 de febreiro de 1995 pola que se resolve a cobertura dun posto vacante na Consellería de Economía e Facenda, convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, por Orde do 30 de novembro de 1994 (DOG nº 236, do 9 de decembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 30 de novembro de 1994 (DOG nº 236, do 9 de decembro de 1994), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4, e de conformidade co disposto no artigo 27.2 da referida lei, e demais normativa vixente, esta consellería dispón:

Primeiro: Nomea-la funcionaria que se cita no anexo desta orde para o posto que así mesmo se sinala.

Segundo: O cesamento no actual destino efectuarase segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación da presente orde no DOG.

A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días a partir do día seguinte ó do cesamento, ó tratarse de posto radicado na mesma localidade.

Terceiro: A xefatura de persoal do centro onde cause alta a funcionaria efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Da dilixencia efectuada será remitida copia á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto: Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1995.

(P.D. O. 13-12-93)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de

Economía e Facenda