En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Empresarios Titulares de Concesionarios de Automóviles Opel, que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: Poderán ser membros activos da asociación os empresarios titulares de concesionarios de automóbiles Opel, debidamente constituídos, logo de solicitude de integración perante a xunta directiva de asociación.
Asinan a acta de constitución: Alfredo Casado e oito persoas máis.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1995.
Juan Pedrosa Vicente
Director xeral de Relacións Laborais