Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 1995 Páx. 1.493

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente 137/1994 AT).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Eléctrica Los Molinos con domicilio en Ponte-Caldelas no que solicita autorización para instalar unha R.B.T. en Portosouto, concello de Ponte-Caldelas, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Eléctrica Los Molinos a instalación de unha R.B.T. en Portosouto, concello de Ponte-Caldelas.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra