Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 1995 Páx. 1.444

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 6 de febreiro de 1995 pola que se exclúe do catálogo dos de utilidade pública o monte Castelo-Pico Sacro, do termo municipal de Boqueixón (A Coruña).

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes e o Real decreto 1.535/1984, do

20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de conservación da natureza, por petición do Concello de Boqueixón e logo de proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Acepta-la petición do Pleno do Concello de Boqueixón, en sesión extraordinaria do día 24 de setembro de 1994, e excluír do catálogo de utilidade pública o monte Castelo-Pico Sacro que figuraba cos números 340 e 341 e cunha superficie aproximada de 900 hectáreas por non cumpri-los requisitos establecidos no artigo 25 do Regulamento de montes.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, e de conformidade co disposto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes