Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 1995 Páx. 1.444

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 82/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Hidroeléctrica de Laracha, S.L., con enderezo na r/ Tte. Xeneral Gómez Zamalloa, 9-1º E, 15005 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-30, de 188 metros de lonxitude, con orixe na liña Villamir-Vista Alegre (expte 7.597) e remate no C.T. que se vai instalar en Taboas.

-Centro de transformación aéreo sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións 15-20/0,380-0,220 kV, en Taboas, e rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor RZ de 225 metros de lonxitude. Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 1 de decembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña