Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.422

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro dc 1995 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala administrativa da Universidade de Vigo nas quendas de promoción interna e acceso xeral libre.

Concluído o proceso selectivo convocado por resolución rectoral do 4 de marzo de 1994 (DOG do 28) e unha vez que os aspirantes definitivamente aprobados fixeron a opción correspondente sobre os postos de traballo ofertados seguindo, para a súa adxudicación, a orde de puntuación obtida.

Visto o artigo 49 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, en relación coa base 9.1 da convocatoria.

Este rectorado, en uso das competencias atribuídas polo artigo 18 da Lei de reforma universitaria, resolve:

Primeiro.-Nomea-los aspirantes que superaron o proceso selectivo, funcionarios de carreira da escala administrativa da Universidade de Vigo, con especificación do posto de traballo adxudicado.

Segundo.-Os agora nomeados, para adquiriren a condición de funcionarios de carreira deberán, por unha banda, xurar ou prometer cumprir fielmente as obrigas da praza con imparcialidade, lealdade ó rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado, e por outra tomar posesión no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta sentencia, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso

contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte á súa publicación no DOG, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 30 de xaneiro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo