Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.422

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 3 de xaneiro de 1995 pola que se convoca concurso público para a provisión da praza 1.260/1995 e doce máis de corpos docentes universitarios.

Advertido erro na inserción da mencionada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, número 13, do 19 de xaneiro de 1995, transcríbese a continuación a oportuna rectificación:

No anexo, páxina 655, praza nº 1.285, columna onde di: «Actividades que realizará quen obteña a praza: literatura española en Lugo» debe dicir: «Actividades que realizará quen obteña a praza: literatura española dos séculos XVIII, XIX e XX en Lugo».

Este rectorado de conformidade co previsto no artigo número 105 da L.R.X.A.P. PAC, resolveu rectifica-lo citado erro.

En consecuencia, o prazo de presentación de instancias empezará a contar a partir da publicación desta corrección no Boletín Oficial del Estado.