Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.416

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 31 de xaneiro de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa, da batea Gita nº 2.

Visto o expediente incoado por José Antonio Fajardo Pérez, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominado Gita nº 2, outorgado pola orde ministerial do 15-7-1972 (BOE nº 209), situado na cuadrícula nº 235, do polígono F de Cambados, rematando a concesión o 31-8-2002, e do que era titular Francisco Fajardo Fernández.

Tendo en conta o informado polo Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/l993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, a declaración de herdeiros ab intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostas e o caderno particional da herdanza, esta consellería accedeu ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e da batea do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de José Antonio Fajardo Pérez.

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e abrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor aobre este particular.

Vigo, 31 de xaneiro de 1995.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Amancio Landín Jaráiz

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)