Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.398

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1993, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública a instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 63/1993).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición de Unión Fenosa, con domicilio en Vigo, no que se solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2.617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2.619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e de acorde co disposto no Real decreto 2.634/1980, sobre transferencias de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria,

Esta delegación provincial resolveu:

Autorizar a Unión Fenosa a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

L.M.T., aérea, a 10/20 kV, de 2.569 m de lonxitude, desde a L.M.T. Cangas-Latón ata o C.T. de San Lourenzo, concello de Moaña, con conductores tipo LA-56, apoios metálicos e de formigón e tomas de terra.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro.

Pontevedra, 22 de novembro de 1993.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra