Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.398

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas nos recursos contencioso-administrativos número 5.396 e 5.636/1994, interpostos pola Administración central.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Adminis-

trativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números 5.396 e 5.636/1994, interpostos pola Administración Central contra acordo da C.P.T.O.V., BOE 12-8-94, polo que se anuncia a convocatoria de concurso e adxudicación de concesión sobre construcción, conservación e explotación da autoestrada Puxeiros-Val Miñor e contra o de 7-10-94 (DOG 14-10-94) sobre modificación da convocatoria anterior, esta consellería resolveu ordena-la remisión dos expedientes administrativos ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda