Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.386

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (77/1994).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela,

Dou fe de que nos autos de que se fará mérito se dictou a sentencia que ten o encabezamento e a parte dispositiva seguintes:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela, nove de maio de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Alicia Mansilla Pérez, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 4 dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas núm. 77/1994, seguidos por lesións en agresión; sendo denunciados José Manuel del Río García e Juan Carlos Pombo Vidal, maior de idade; e aparecendo como denunciada José Pazos Ferrol, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo libremente do feito orixe destas actuacións a José Pazos Ferrol, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo.».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a José Manuel del Río García, o cal se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado