Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.386

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (553/1993).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela,

Dou fe de que nos autos de que se fará mérito se dictou a sentencia que ten o encabezamento e a parte dispositiva seguintes:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela, nove de maio de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Alicia Mansilla Pérez, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 4 dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas núm. 553/1993, seguidos por danos; sendo denunciantes María Dolores López Tojo, José Vedo Jares e María Dominga Álvarez Nogueira, maiores de idade; e aparecendo como parte denunciada Alberto José Rodríguez Tenreiro e Francisco Javier Ricon Recarey, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo condenar e condeno a Francisco Javier Ricon Recarey e a Alberto José Rodríguez Tenreiro como autores dunha falta de danos á pena de 50.000 pesetas de multa para cada un deles e ó pagamento por metade das custas.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificacíón ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo.».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a María Dominga Álvarez Vizoso, a cal

se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado