Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.385

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (499/1993).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo

executivo número 499 de 1993, que no seu encabezamento e parte dispositiva di literalmente:

«Sentencia.

Na cidade de Santiago de Compostela, o dezaoito de outubro de mil novecentos noventa e catro.

Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguidos perante este xulgado co número 499/1993, promovidos polo Banco Simeón, S.A., representado pola procuradora Sra. González Gancedo, e dirixido pola letrada Celia Taoces, contra José Hortas Román, con domicilio na rúa Alfredo Brañas, núm. 18-5-B de Santiago de Compostela, declarado en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a José Hortas Román, e co seu producto, enteiro e cumprido pago á parte actora das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 317.989 pesetas, importe do principal, e ademais ó pagamento dos xuros de demora e as custas, ó pagamento das cales debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderase interpoñer, neste xulgado e para a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe. E para que conste e sirva de notificación en forma ó demandado, en situación procesual de rebeldía, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vinteoito de setembro de mil novecentos noventa e catro.

Rubricado