Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.385

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (266/1994).

En cumprimento do acordado pola xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción núm. 1 de Ribeira, Eva Mª Doval Lorente, no xuízo verbal de faltas 266/1994 que se segue neste xulgado por furto, co núm. 266/1994, cítase en legal forma a Eugenia Domínguez Sánchez, actualmente en paradoiro descoñecido co fin de que o 15 de marzo de 1995 ás 9.30 horas compareza perante a sala de audiencias deste xulgado, para asistir á vista co correspondente xuízo, advertíndolle que de non comparecer, recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito, e que deberá acudir cos medios de proba de que intente valerse.

E para que sirva de citación en forma para a súa publicación no DOG, expido a presente cédula en Ribeira o dezanove de xaneiro mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado