Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.356

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 17 de xaneiro de 1995 sobre concesión do título-licencia da axencia de viaxes do grupo minorista a Viajes Oditour, con nº XG-155.

Visto o expediente instruído a instancia de Odilio Sánchez Prada, na súa calidade de titular, en solicitude de concesión do oportuno título-licencia da axencia de viaxes do grupo minorista, a Viajes Oditour co nº XG-155 a casa central na rúa Conde de Fenosa, 23, O Barco (Ourense).

Resultando que á solicitude da dita empresa se lle xuntou a documentación que se indica no artigo 4 e concordantes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, que regula o exercicio da actividade profesional que compete ás axencias de viaxes, e no que se especifican os documentos que terán que presentarse coa solicitude de outorgamento do título-licencia.

Resultando que, tramitado o oportuno expediente, aparecen cumpridas as formalidades e xustificados os extremos que se sinalan nos artigos 4, 5 e 6 do regulamento.

Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, para a obtención do título-licencia de axencia de viaxes do grupo minorista.

Vistos o Real decreto 2.086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de servicios do Estado á Xunta de Galicia en competencia de materias turísticas, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, esta consellería ten a ben resolver:

Artigo único.-Concédese título-licencia de axencia de viaxes do grupo minorista, co nº XG-155, a Viajes Oditour, con casa central na rúa Conde de Fenosa, 23, O Barco (Ourense), que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación

desta orde no DOG, con suxeición ós preceptos do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia.

Contra esta resolución o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública