Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.356

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de xaneiro de 1995 sobre autorización de apertura dunha sucursal da axencia de viaxes Club Vida Agencia de Viajes, S.A., C.I.C. MA nº 434, sita na rúa Fernando Macías, 31-33 baixo da Coruña.

Visto o expediente instruído a instancia de Fernando Sánchez López, na súa calidade de apoderado da dita axencia, en solicitude de establecemento na cidade da Coruña, dunha sucursal da axencia de viaxes Club Vida Agencia de Viajes, S.A. con sede central en Madrid, rúa Sor Ángela de la Cruz nº 6.

Resultando que entre a documentación aportada coa referida solicitude existe unha copia do contrato de prestación de servicios entre a axencia e a persoa que exercerá o cargo de director e copia da documentación acreditativa da dispoñibilidade do local.

Resultando que o director está legalmente capacitado para desempeña-lo dito cargo.

Resultando que da análise do expediente se conclúe que a axencia dispón dunha fianza suficiente segundo o establecido no artigo 15 do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia.

Considerando que o Servicio de Inspección emitiu informe sobre o estado e equipamento do local acreditando que reúne as condicións suficientes para poder exerce-la actividade de sucursal de axencia de viaxes.

Considerando que no trámite do expediente se cumpriron as formalidades de rigor e se xustificaron tódolos extremos que fixan o artigo 5, apartados b, c, d; e os artigos 10 e 15 do citado decreto.

Considerando os antecedentes expostos, disposicións legais invocadas e demais normas de aplicación.

Esta consellería resolve autorizar á axencia de viaxes Club Vida Agencia de Viajes, S.A., con sede central en Madrid, na rúa Sor Ángela de la Cruz nº 6, o establecemento dunha sucursal na cidade da Coruña, rúa Fernando Macías, 31-33 baixo.

Contra esta resolución o interesado poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública