Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 1995 Páx. 1.296

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 30 de xaneiro de 1995 pola que se aplican, no exercicio 1995, na Comunidade Autónoma de Galicia, as medidas de apoio á mellora das estructuras agrarias establecidas polo R.D. 1.887/1991.

As axudas reguladas por este real decreto van dirixidas, principalmente, a acada-la modernización das explotacións agrarias a través de investimentos para a mellora do seu sistema productivo, de medidas para o rexuvenecemento dos titulares das explotacións do sector agrario, de axudas para introducción da contabilidade en explotacións agrarias e para o fomento de agrupacións de servicios.

Pola presente orde regúlase a aplicación en Galicia da dita normativa naqueles aspectos que son competencia da Comunidade Autónoma, coa finalidade de atende-las necesidades específicas de reestructuración das explotacións agrarias galegas.

Coa finalidade de incrementa-la competitividade das explotacións galegas é necesario dirixi-las actuacións a plans de mellora que teñan como obxectivo acadar unha dimensión económica por explotación mínima, e que permitan asegura-la viabilidade da explotación e a dispoñibilidade de rendas para os agricultores dentro dun sistema productivo adaptado a un aproveitamento racional dos recursos naturais, e respectuoso co medio ambiente.

A importancia da producción gandeira en Galicia e o obxectivo de mante-lo alto nivel en sanidade

animal acadado nos últimos anos obriga, en determinados casos, ó sacrificio, ás veces case xeneralizado, dos animais dunha explotación, co conseguinte quebranto económico. A dispoñibilidade dun financiamento adecuado contribuirá á viabilidade deste tipo de explotacións

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-

Establécese a aplicación, na Comunidade Autónoma de Galicia, do R.D. 1.887/1991, do 30 de decembro, sobre mellora das estructuras agrarias modificado por última vez polo R.D. 62/1994, do 21 de xaneiro, e normativa concordante, coas precisións que inclúe a presente disposición.

PLANS DE MELLORA

Artigo 2º.-

Conforme o previsto no artigo 5º b) do R.D. 1.887/1991, esténdense as axudas ás investimentos en Plans de Mellora ós agricultores que teñan 56 anos ou máis, sen ter cumpridos os 60, sempre que quede suficientemente garantida a integridade e continuidade da explotación en favor dun agricultor xove.

Artigo 3º.-

1.-O cumprimento dos requisitos esixidos no Real decreto 1.887/1991 ós beneficiarios de axudas a investimentos en Plans de Mellora poderá xustificarse, no caso de que o titular sexa unha persoa física, na forma que se sinala a continuación:

a) A condición de agricultor a título principal ou, se é o caso, de percibir polo menos o 50% da súa renda total polo exercicio, na súa explotación, das actividades relacionadas no segundo parágrafo letra a) do artigo 5º do R.D. 1.887/1991, mediante fotocopia compulsada da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas de tres dos cinco últimos anos, incluíndo os dous últimos.

Se o solicitante accedeu á titularidade da explotación agraria con posterioridade ós tres últimos anos, só presentará a declaración antes sinalada dos anos ou ano que fora titular da explotación.

Este extremo xustificarase co informe sobre afiliación e períodos de alta da Tesourería da Seguridade Social.

b) A idade, mediante fotocopia compulsada do D.N.I.

c) A capacitación profesional suficiente poderá acreditarse dalgún dos seguintes modos:

c.1. Achegando a documentación xustificativa de ter obtido o título de capataz agrícola ou de formación profesional agraria de primeiro grao, ou outro de grao superior na rama agraria.

c.2. Con cinco anos de exercicio da actividade agraria, que poderá acreditarse, con carácter xeral, cun informe sobre afiliación e períodos de alta da Tesourería da Seguridade Social.

-No caso de que parte ou a totalidade do exercicio da actividade agraria o fora como man de obra familiar, será precisa unha declaración do titular da explotación onde desenvolveu tal actividade na que se especifique o tempo traballado na explotación e as tarefas desenvolvidas.

-Os anos nos que non se exercera a actividade agraria, ata acada-los cinco anos que establece o R.D. 1.887/1991, poderanse substituír pola asistencia a cursos ou seminarios de capacitación agraria cunha duración de 25 horas lectivas por cada ano.

En calquera caso, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, estudiará a documentación aportada e establecerá a súa idoneidade para os efectos de xustifica-la actividade agraria do solicitante.

c.3. No caso de agricultores novos, a capacitación profesional suficiente adquirida xustificarase mediante fotocopia compulsada da titulación académica de capataz agrícola ou formación profesional agraria de primeiro grao ou outra superior agraria, ou dos certificados de asistencia a cursos establecidos pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, ou por outras entidades competentes en ensinanzas agrarias a xuízo desta, cunha duración mínima de 200 horas.

Tamén se considerará acreditada a capacitación se o agricultor novo se compromete a adquirir no prazo de dous anos a capacitación profesional suficiente especificada no parágrafo anterior. Neste caso, no momento da solicitude da axuda deberán presentar xustificante de ter pedido a admisión nos cursos que a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes programa para tal efecto.

Posteriormente o mozo deberá presentar certificado de asistencia, unha vez realizado o curso, no prazo establecido.

d) A xustificación da residencia efectuarase con fotocopia do documento nacional de identidade ou certificado de empadroamento.

e) A condición de estar ó día das súas obrigas fiscais e da Seguridade Social xustificarase coa fotocopia compulsada da última declaración de ingresos a conta correspondentes e coa presentación dos boletíns de cotización á Seguridade Social dos tres últimos meses.

2.-No caso de que o titular da explotación sexa unha persona xurídica, a maioría dos socios deberán cumpri-lo disposto nas alíneas a), c) e d) do artigo 5º do Real decreto 1.887/1991, e poderase xustificar segundo se establece no punto 1 deste artigo. Os requisitos establecidos na alínea h) do artigo precitado xustificaranse mediante declaración e documento de ingreso do imposto sobre sociedades e os boletíns de cotización á Seguridade Social.

3. No caso de proindivisos ou comunidade de bens, establécese a mesma condición que no caso de persoas xurídicas, pero cumprindo ademais, a maioría dos socios, a condición da idade e xustificando que están ó día das obrigas fiscais de acordo co establecido nos puntos b) e e) da alínea 1 deste artigo.

4. Independentemente do tipo de titular da explotación, se o Plan de Mellora afecta a unha explotación

gandeira, deberase xustificar que esta cumpre a normativa relativa ás campañas de saneamento gandeiro mediante a presentación da folla de saneamento correspondente á última campaña.

Artigo 4º.-

Para os efectos do cálculo da renda de traballo por unidade de traballo-home, en relación coa renda de referencia, só será computable o traballo desenvolvido na explotación polo titular ou cotitulares dela e pola man de obra, familiar ou asalariada, que cotice á Seguridade Social en función da súa actividade nela.

A man de obra asalariada non debe superar, en cómputo anual efectivo, en máis dunha UTH á familiar, nin a un total de 2 UTH, excepto en cultivos intensivos baixo plástico, en invernadoiros ou forzados nos que a man de obra asalariada poderá acadar 3 UTH.

No caso de persoas xurídicas só será computable o traballo feito por socios e asalariados que coticen á Seguridade Social en función da súa actividade na explotación, sen que a aportación de man de obra asalariada supere en cómputo anual á dos socios.

Para o cálculo do investimento máximo, en función do límite máximo de investimento por UTH, considerarase, a totalidade da man de obra inicial da explotación independentemente da súa cotización á Seguridade Social, en función da súa actividade nela.

Artigo 5º.-

Os Plans de Mellora das explotacións agrarias deberán contemplar unha mellora integral e duradeira da economía da explotación agraria, debendo cumprir, entre outras, as seguintes condicións:

a) Prever que, en xeral, a explotación acade na situación final, unha dimensión económica igual ou superior a 8 UDE.

Esta dimensión mínima será de 5 UDE cando a orientación productiva principal da explotación sexa o cultivo en invernadoiro de productos hortícolas ou flores, e de 1,5 UDE cando a dita orientación sexa o cultivo de vide utilizando variedades consideradas como preferentes en Galicia.

Así mesmo, cando o Plan de Mellora se leve a cabo nunha explotación que se atope nun termo municipal incluído como zona desfavorecida de acordo cos artigos 2º e 3º da Directiva (CEE) 75/268, e a orientación productiva principal da explotación sexa o vacún de carne, ovino de carne ou caprino de carne, a dimensión económica mínima da explotación ó remate do Plan de Mellora será de 5 UDE.

b) O investimento previsto no Plan de Mellora para a adquisición de maquinaria será inferior ó 40% do investimento total previsto nel.

Se o Plan de Mellora prevé a adquisición dun tractor, o seu valor non se considerará nin como maquinaria nin no investimento total, para efectos do indicado no parágrafo anterior.

Artigo 6º.-

Poderanse incluí-las axudas ós investimentos por traslado de edificios e instalacións gandeiras fóra

dos núcleos urbanos do concello por razóns hixiénico-sanitarias de interese público. Así mesmo poderanse incluí-las axudas a investimentos para a mellora das condicións hixiénico-sanitarias das explotacións gandeiras, sempre que non supoña un incremento da producción nin cambios na estructura productiva.

Os servicios veterinarios oficiais informarán acerca da necesidade dos investimentos a que se fai referencia no parágrafo anterior.

Artigo 7º.-

As axudas ós investimentos para a realización de Plans de Mellora serán as establecidas nos artigos 10º, 11º, 12º, 13º e concordantes do R.D. 1.887/1991.

Artigo 8º.-

As explotacións asociadas que se acollan ó establecido no artigo 152 do R.D. 1.887/1991 para a realización de Plans de Mellora deberán te-la forma xurídica de cooperativa ou sociedade agraria de transformación, cunha duración mínima de 6 anos e a fórmula de participación na xestión e no capital social será conforme o réxime xurídico das ditas entidades asociativas.

Artigo 9º.-

0 prazo de execución dos investimentos contemplados no Plan de Mellora será, como máximo, dun ano computado a partir do día seguinte á data de concesión da axuda ou, se é o caso, da data de formalización do préstamo subvencionado correspondente. Sen embargo, por petición expresa do interesado, e, en casos excepcionais, a consellería poderá aprobar prazos de exceución superiores a un ano cando as características de investimento así o aconsellen.

En calquera caso, se por causa xustificada o solicitante non puidese remata-la mellora no prazo previsto, deberá solicitar prórroga, especificando o prazo adicional de execución, que deberá ser aprobada pola consellería.

Artigo 10º.-

No caso de que as axudas se concedan para realizar investimentos no sector de vacún de carne, a xustificación da superficie forraxeira da explotación, para efectos de cumprimento da densidade de vacún de carne establecida na alínea 5 do artigo 9º do R.D.1887/1991 realizarase coa presentación da documentación prevista na orde anual do MAPA, sobre axudas por superficie e declaración de superficies forraxeiras ou documento similar que indique as referencias catastrais, superficie e aproveitamento das parcelas da explotación utilizadas para a alimentación do vacún de carne.

Artigo 11º.-

l.-Nos Plans de Mellora de explotacións leiteiras a adquisición dunha cantidade de referencia individual asignada para producción de leite e productos lácteos poderá considerarse un investimento incluído na alínea f) do punto 1 do artigo 13º do R.D. 1887/1991 para efectos de axudas ós gandeiros de leite.

2.-Neste caso, o solicitante deberá presentar, no mo. mento da solicitude, un precontrato de adqui

sición da cantidade de referencia no que se indique o custo da cantidade de referencia a adquirir e copia da solicitude de transferencia prevista no Real decreto 2.307/1994, do 2 de decembro.

3.-A xustificación da adquisición realizarase co contrato de compra-venda e a copia compulsada do documento oficial da Dirección Xeral de Produccións e Mercados Gandeiros do MAPA de asignación ó solicitante da cantidade de referencia adquirida.

4.-O titular da explotación leiteira que se beneficiase dunha axuda para a adquisición dunha cantidade de referencia para producción de leite comprometerase a non acollerse a plans de abandono da producción de leite, nin ceder, nin transferir ningunha cantidade de referencia para producción de leite nos vindeiros cico anos.

PRIMEIRA INSTALACIÓN DE

AGRICULTORES NOVOS

Artigo 12º.-

O mozo que desexe acceder ás axudas á primeira instalación previstas no R.D. 1.887/1991 presentará unha solicitude acompañada da seguinte documentación:

1.-Fotocopia compulsada do D.N.I.

2.-Plan de explotación, conforme o disposto no artigo 17º.3 do R.D. 1.887/1991, ou Plan de Mellora segundo o artigo 7º da citada disposición, no que se poña de manifiesto que a explotación ten ou acada, ó remate do Plan de Mellora, as dimensións económicas mínimas especificadas no artigo 5º a) da presente orde.

3.-A documentación que acredite a modalidade de instalación poderá consistir en:

a) No caso de instalarse corno titular ou cotitular dunha explotación agraria por compra, herdanza, pacto sucesorio, doazón, arrendamento ou parcería presentarase copia fidedigna do acto ou contrato que xustifique a modalidade de acceso.

b) No caso de que se incorpore a unha explotación na que o titular sexa persoa xurídica, certificación expedida polo órgano rector da entidade onde se especifiquen as condicións de participación do agricultor mozo e a súa aportación, xuntando os estatutos dela e relación de socios que exercen a dirección técnica e de xestión.

c) Acordo de colaboración en caso de incorporarse a unha explotación familiar agraria.

4.-Informe da Tesourería da Seguridade Social sobre afiliación, tipo de réxime e períodos de alta.

5.-Certificado da Delegación de Facenda sobre das declaracións do I.R.P.F presentadas polo solicitante e, se é o caso, copia das indicadas no artigo 3.1.a) da presente orde.

6.-Fotocopia da solicitude de alta no réxime especial agrario da Seguridade Social Agraria ou no réxime de autónomos en actividades agrarias, ou do documento de alta correspondente, se é o caso.

7.-Xustiricantes da capacitación profesional segundo a alínea c.3 do artigo 3º.

Artigo 13º.-

A prima de instalación aboarase dunha soa vez ó interesado, unha vez efectuados os gastos aprobados e que se deberán realizar no prazo máximo dun ano dende a aprobación da axuda.

Artigo 14º.-

Nunha mesma explotación non poderá percibirse máis dunha prima nin máis dunha bonificación de intereses de primeira instalación. No caso de existir instalacións múltiples, e axudas distribuiranse en función do grao de cotitularidade de cada mozo. Exceptúanse destas regras as primeiras instalacións por vía asociativa, así estas axudas asignaranse de forma íntegra polo importe máximo de:

-1.920.000 Pta. nunha explotación onde o titular sexa una Cooperativa de Traballo Asociado ou unha Cooperativa de Explotación Comunitaria da terra.

-1.250.000 Pta. nunha Sociedade Agraria de Transformación ou nunha explotación de carácter asociativo, con personalidade xurídica distinta á sinalada.

Esta axuda será por cada mozo que se instale, sempre e cando o volume de traballo na explotación asociativa acade unha UTH, reducíndose proporcionalmente as axudas dos que non acaden o dito volume de traballo.

Artigo 15º.-

Para acreditar que se produciu a primeira instalación e poder percibi-las axudas que, se é o caso, solicitase o mozo, ademais de xustifica-la realización dos gastos de instalación aprobados, deberá presentar:

a) Fotocopia do documento de alta no réxime especial agrario da Seguridade Social ou no réxime de autónomos en actividade agraria.

b) Fotocopia de alta no censo de actividades do Ministerio de Economía e Facenda, declaración censual modelo 036 ou 037 exercendo a actividade agraria.

c) Declaración de ingresos a conta do I.R.P.F. corresw pondente ó último período.

INTRODUCCIÓN DA CONTABILIDADE

Artigo 16º.-

Os titulares de explotacións agrarias que, de acordo co disposto no artigo 21º do R.D. 1.887/1991, desexen acollerse ás axudas para estimula-la introducción da contabilidade, poderán acceder a unha axuda de 190.000 Pta. por un total de catro anos, en anualidades iguais de 47.500 Pta. se o beneficiario leva as anotacións pertinentes e aporta información ós programas de xestión de explotacións leiteiras hortofructícolas ou outros establecidos pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

No resto dos supostos en que o solicitante leve exclusivamente a contabilidade que establece o R.D. 1.887/1991, a axuda será de 110.000 Pta. que se repartirán en catro anos en anualidades iguais de 27.500 Pta., e deberá presenta-los documentos xustificativos segundo os modelos que estableza a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Cando o titular leve a cabo a contabilidade co asesoramento dunha entidade asociativa agraria, poderá domicilia-lo pago da subvención nunha conta bancaria da que sexa titular a dita entidade.

AGRUPACIÓNS DE SERVICIOS

Artigo 17º.-Agrupacións de servicios de axuda mutua.

Conforme o disposto no artigo 24º do R.D. 1.887/1991, aquelas agrupacións de servicios de axuda mutua creadas con posterioridade ó 1 de abril de 1985, e que teñan como obxectivo algún dos sinalados no dito artigo, poderán acceder a unha axuda total de ata 2.880.000 Pta., pagadoiras nun máximo de 5 anos, para contribuír ó pago dos gastos de cada ano de xestión, funcionamento e posta en marcha do servicio de axuda mutua implantado pola asociación.

A contía da axuda e forma de pago será determinada pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de acordo coa importancia da agrupación e servicios creados.

Para poder acollerse a estas axudas, as agrupacións deberán estar formalmente constituídas e nos seus estatutos recoller explícitamente os seus obxectivos e a forma de participación dos socios, que deberán ser concordantes cos obxectivos do servicio de axuda mutua.

Poderán acceder así mesmo a esta liña de axudas aquelas agrupacións creadas con anterioridade ó 1 de abril de 1985 e que con posterioridade a esa data introduciran estatutariamente entre as súas finalidades algunhas das sinaladas como auxiliables no artigo 24º do R.D. 1.887/1991.

Artigo 18º.-Agrupacións de servicios de substitución.

1.-Poderanse beneficiar desta axuda as asociacións agrarias que teñan por obxecto a creación de servicios de substitución na explotación, se así o solicitan. A dita axuda de posta en marcha destinarase a contribuír á cobertura dos gastos de xestión, funcionamento e posta en marcha.

2.-Para ter dereito á axuda contemplada no punto 1, o servicio de substitución deberá ser autorizado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e empregar, polo menos, unha persoa a tempo completo, cualificada para o traballo que deberá desempeñar.

3.-Os casos de substitución, que poderán comprende-la substitución temporal do titular da explotación, do seu cónxuxe ou dun colaborador adulto que traballe nela, serán os seguintes: enfermidade, accidente, asistencia a actividades de formación profesional, necesidade familiar ou períodos vacacionais.

4.--As agrupacións beneficiarias das axudas deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Que a súa forma xurídica sexa cooperativa, S.A.T. ou agrupación de agricultores formalmente constituída mediante documento subscrito por tódolos seus membros.

b) Levar unha contabilidade que permita deter

mina-los gastos e ingresos derivados do servicio de substitución e un control dos servicios prestados polo axente.

e) Comprometerse a mante-lo servicio por un período mínimo de 10 anos.

d) O número mínimo de agricultores afiliados será de dez.

e) Para a percepción anual de axuda, a agrupación xustificará previamente a alta e permanencia do axente de substitución no réxime correspondente da Seguridade Social no período anual correspondente e certificará os haberes devengados por el.

5.-A axuda de posta en marcha non poderá superar 2.310.000 Pta. por axente de substitución, distribuídas en cinco anualidades iguais.

Artigo 19º.-Agrupacións de xestión empresarial de explotacións

1.-Para ter acceso ás axudas para a creación ou incremento dos servicios de xestión de explotacións, establecidas no artigo 26º do R.D. 1.887/1991, as agrupacións e asociacións agrarias de agricultores deberán estar autorizadas para tal fin pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e empregar a tempo completo, polo menos a un técnico cualificado para o desenvolvemento da xestión técnica, económica, financeira e administrativa das explotacións agrarias.

2.-As agrupacións de xestión empresarial de explotacións (AXE) cumprirán, como mínimo, os seguintes requisitos para ser autorizadas:

a) Estar constituídas como cooperativa, S.A.T. ou outra forma contractual, con personalidade xurídica, subscrita polos agricultores titulares das explotacións, sempre que entre os seus obxectivos se encontre a prestación, ás seus socios, dalgún dos servicios de xestión indicados na alínea 2ª do artigo 26º do R.D. 1.887/1991.

Para acreditalo presentarán copia dos estatutos e do C.I.F. da entidade.

b) Presentar un documento subscrito por cada un dos seus membros no que se indiquen os datos de identificación deles e das súas explotacións, así como a finalidade do programa de xestión empresarial a realizar e os compromisos adquiridos para levalo a cabo.

e) Presentar un programa de xestión empresarial, que inclúa unha memoria, indicando a súa necesidade, medios materiais e humanos para realizalo, normas de funcionamento e fnes e resultados agardados para cada ano.

d) Este programa de xestión empresarial, que se deberá aprobar pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, terá que considerar, polo menos, algún dos seguintes obxectivos:

-Analiza-los resultados das contabilidades dos agricultores co fin de fundamentar consellos de xestión para as sús explotacións e as de agricultores con explotacións similares.

-Prestar asistencia técnica en aspectos relacionados coa actividade productiva desenvolvida polas explotacións dos asociados, así como asesorar en materia de Planificación, execución e financiamento de investimentos nas explotacións.

-Outros aspectos relacionados coa xestión técnica, económica, financeira e administrativa das explotacións.

e) Presenta-lo currículum vitae que inclúa copia da titulación académica do axente de xestión, segundo o cal a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes determinará, en cada caso, a idoneidade del para o desenvolvemento das funcións previstas no programa de xestión empresarial.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderá organizar cursos de especialización para a formación complementaria de axentes de xestión que presten, ou vaian presta-los seus servicios en agrupacións de xestión acollidas a esta axuda.

3.-Anualmente, a agrupación de xestión empresarial, enviará á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes unha memoria da actividade realizada na que se indicarán os datos técnicos e económicos que, de acordo co programa de xestión desenvolvido, permitan avalia-los resultados de cada ano.

Así mesmo, e con idéntica periodicidade, a AXE remitirá copia do contrato laboral e das nóminas percibidas polo axente de xestión no dito período.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderá realizar controles sobre as explotacións para determina-lo cumprimiento do programa de xestión empresarial.

As agrupacións de xestión empresarial de explotacións autorizadas poderán utiliza-las aplicacións informáticas de xestión que a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ten establecidas para diversos tipos de actividades agrícolas e gandeiras, mediante a aceptación previa das correspondentes condicións de cesión e uso.

Dependendo das características da agrupación e da actividade productiva desenvolvida polos socios, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes establecerá, en cada caso, o número mínimo de socios necesario, así como a axuda que se concederá, dentro do disposto no artigo 26º do R.D. 1.887/1991.

A duración mínima da agrupación de xestión será de 10 anos.

Artigo 20º.-Axudas á cualificación profesional.

Poderanse conceder axudas á cualificación profesional dos agricultores conforme o establecido nos artigos 32º e 33º do R.D. 1.887/1991.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes establecerá para cada caso, as condicións e contía das axudas.

No caso de cursos de formación organizados por agrupacións de agricultores, a axuda poderase solicitar directamente pola agrupación en nome dos seus socios e o seu importe aboaráselle, así mesmo, á agrupación.

Artigo 21º.-Axudas non acollidas á Acción Común.

1.-Poderán solicitar as axudas para un Plan de Mellora non acollido á Acción Común (Axudas R) os titulares de explotacións que non satisfagan tódalas condicións do artigo 52 do R.D. 1.887/1991.

2.-Non obstante o anterior, os beneficiarios destas axudas deben cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos do citado artigo 5º do R.D. 1.887/1991:

a) Presentar un Plan de Mellora da súa explotación, de acordo co previsto no artigo 7º do R.D. 1.887/1991, cumprindo os índices técnico-económicos establecidos no mencionado artigo.

b) Comprometerse a exerce-la actividade agraria na explotación durante 5 anos como mínimo.

c) Leva-la contabilidade simplificada, polo menos, durante 5 anos.

d) Estar ó corrente das obrigas fiscais e da Seguridade Social.

3.-A contía máxima destas axudas, expresada en porcentaxe do importe do investimento, será:

a) Nas zonas desfavorecidas consideradas nos artigos 2º e 3º da Directiva 75/268/CEE:

-0 20% no caso dos bens inmobles.

-0 15% nos demais tipos de investimento.

b) Nas demais zonas:

-0 15% no caso dos bens inmobles.

-0 10% nos demais tipos de investimento.

As ditas axudas poderán concederse para un volume total de investimento que non poderá exeder de 11.640.000 Pta. por UTH, nin de 23.280.000 Pta. por explotación, para un período de 6 anos.

4.-As contías de axuda previstas no apartado anterior poderán concederse tamén para compra de gando para repoñe-lo sacrificado como consecuencia de programas de saneamento gandeiro naqueles casos nos que o sacrificio afecte a unha porcentaxe superior ó 30% do censo da explotación.

5.-As axudas consistirán na subvención total ou parcial de unha ou varias anualidades de amortización dos préstamos formalizados para levar a cabo o investimento. Estes préstamos poderán acadar, como máximo, un iniporte igual ó 90% do investimento total a realizar, formalizándose no marco dos convenios financeiros previstos no artigo 36º do R.D. 1.887/1991 ó xuro preferencial establecido nel.

A axuda á amortización prevista poderá aboala a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes directamente ó interesado, unha vez formalizado o préstamo e certificada a realización dos investimentos previstos no Plan de Mellora.

6.-A documentación a acompañar á solicitude de axuda R, Plan de Mellora non acollido á Acción Común, será:

-Fotocopia do DNI/NIF do solicitante.

-Para xustificar estar ó corrente das silas obrigas fiscais, algún dos seguintes documentos:

* Declaración de ingresos a conta.

* Declaración do I.R.P.F do último exercicio.

* Documento de ingreso do imposto sobre sociedades, no caso de persoas xurídicas.

-Para acreditar que está ó corrente das súas obrigas coa Seguridade Social, algún dos seguintes documentos:

* Boletíns de cotización á Seguridade Social dos últimos 3 meses.

* Última nómina, se é traballador por conta allea.

-Certificado dos datos bancarios.

-Facturas pro-forma, se é o caso.

-Folla de saneamento gandeiro, se é o caso.

-Informe técnico do servicio provincial de sanidade e producción animal correspondente, no caso de compra de gando para repor o sacrificado en Programas de Saneamento Gandeiro.

TRAMITACIÓN

Artigo 22º.-

A presentación dos expedientes de solicitude de axudas para cada medida das contempladas no R.D. 1.887/1991 realizarase nas oficinas das Axencias de Extensión Agraria e Servicios Provinciais de Axudas Estructurais da Consellería de Agricultura, Ganderia e Montes, utilizando os impresos normalizados incluídos como Anexo I da presente orde, e que estarán á disposición dos interesados nos mencionados servicios, e achegando a documentación complementaria prevista para o tipo de axuda solicitado.

Os servicios da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes asesorarán ós solicitantes na realización dos estudios técnico-económicos necesarios para a elaboración dos Plans de Mellora das estructuras das explotacións, así como na tramitación de tódalas axudas previstas no R.D. 1.887/1991.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 1995.

Artigo 23º.-

Na tramitación de axudas vinculadas a préstamos, para a súa aprobación pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, o solicitante deberá aporta-la conformidade dunha entidade bancaria asinante do convenio financeiro coa Secretaría Xeral de Estructuras Agrarias, á concesión do préstamo correspondente.

Artigo 24º.-

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolverá os expedientes comunicándoo ó interesado, á Secretaría Xeral de Estructuras Agrarias e, se é o caso, á entidade bancaria correspondente, segundo o previsto na normativa vixente e convenios establecidos entre a Secretaría Xeral de Estructuras Agrarias, Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e as entidades financeiras.

Artigo 25º.-

Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos e cumpridos, se é o caso, os compromisos adquiridos, os interesados deberán de poñelo en coñecemento dos servicios da consellería, que procederá a efectua-las correspondentes certificacións.

Artigo 26º.-

A participación da Consellería de Agricultura, Gandería e, Montes no financiamento do programa de axudas que contempla esta disposición axustarase ó convenio bilateral entre esta e a Secretaría Xeral de Estructuras Agrarias do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación sobre financiamento de actuacións en aplicación do R.D. 1.887/1991 sobre mellora das estructuras agrarias.

Artigo 27º.-

O financiamento correspondente á Comunidade Autónoma de Galicia derivada do convenio bilateral asinado coa Secretaría Xeral de Estructuras Agrarias do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación efectuarase con cargo os conceptos orzamentarios 09.03.731-A.770.00, 09.03.731-A.770.03 e 09.03.731-A.770.05 «Plan do sector lácteo. Axudas a explotacións e cooperativas», dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma para 1995, dotados con 745 millóns de pesetas, 745 millóns de pesetas e 1.278,9 millóns de pesetas, respectivamente, para este programa.

Disposición transitoria única

As solicitudes formuladas ó abeiro das ordes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 21 de maio de 1991 pola que se regula un sistema de axudas ás explotaciónsa grarias para axiliza-la percepción das subvencións derivadas do R.D. 808/87, do 18 de maio, de 1990, polo que se establecen axudas complementarias para a mellora da estructura das explotacións agrarias, e a Orde do 12 de abril de 1994 pola que se aplican na Comunidade Autónoma de Galicia as medidas de apoio para a mellora das estructuras agrarias establecidas polo R.D. 1.887/1991, ás que non lles foi concedida a subvención solicitada, teranse en conta na presente convocatoria, salvo indicación do interesado en sentido contrario dirixida á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. A tramitación dos expedientes continuará desde o trámite no que se encontraba ó remate do exercicio anterior.

Disposición derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para dicta-las normas precisas para o mellor desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1995.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes