Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 1995 Páx. 1.290

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de xaneiro de 1995 pola que se regulan axudas a empresas editoriais para a edición de libros e materais didácticos para niveis non universitarios impresos en lingua galega.

0 Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 5º, especifica que a lingua propia de Galicia é o galego, e que os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán dos medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento. Segundo o artigo 27.20, correspóndelle á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva de promoción e o ensino da lingua galega en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto na Constitución e nas leis orgánicas.

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, no seu título III, do uso do galego no ensino, establece: «0 galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial no ensino en tódolos niveis educativos» e «as autoridades educativas da Comunidade Autónoma arbitrarán as medidas encamiñadas a promove-lo uso progresivo do galego no ensino».

Así mesmo no seu título IV, do uso do galego nos medios de comunicación, establece que serán obrigas da Xunta de Galicia contribuír ó fomento do libro en galego, con medidas que potencien a producción editorial e a súa difusión.

En virtude do exposto e para facilita-lo cumprimento das disposicións contidas no Decreto 135/1983, do 8 de setembro, da Xunta de Galicia, e na orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 1 de marzo de 1988 e vistos os informes presentados na comisión para a normalización lingüística da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Obxecto da axuda:

Artigo 1º.-Convocar axudas para a publicación de libros e material didáctico de niveis non universitarios publicados en galego que se axusten ó establecido na presente orde, con cargo á partida orzamentaría 07.06.353F.472, destinándose para isto como máximo unha cantidade de 263.900.000 ptas., correspondente ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1995.

Artigo 2.-Os libros e material didáctico obxecto de axuda abranguen os niveis de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, postobrigatoria (bacharelato, formación profesional, módulos profesionais), educación especial e educación permanente de adultos. Poderanse acoller tamén os libros destinados ás ensinanzas especializadas e ás non regradas.

Artigo 3º.-Os libros e material didáctico deberán estar escritos en galego segundo o disposto na lexislación vixente (Lei 3/1983, do 15 de xuño, disposición adicional e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Artigo 4º.-Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as seguintes publicacións:

a) Libros de bibliófilo.

b) Publicacións correspondentes a entes públicos.

c) Libros destinados a seren distribuídos gratuitamente.

d) Libros publicados por clubes do libro e similares destinados a seren distribuídos entre os seus subscritores.

e) Libros dos que a súa venda se realice a prazos.

O Libros que, publicados no ano 1995, recibiron xa ou teñen asignado algún tipo de axuda con cargo ó exercicio de 1995 por parte dalgún ente público.

g) Libros de uso escolar correspondente ás materias de lingua e literatura galegas.

h) Aqueles proxectos que constando de libro de texto e caderno ou fichas para o alumno non se vendan por separado.

Destinatarios das axudas:

Artigo 5º.-Esta convocatoria vai dirixida a todas aquelas editoriais que, estando legalmente constituídas como empresas privadas, elaboren material escolar en lingua galega, conforme o disposto nos artigos 2º, 3º e 4º da presente orde.

Ámbito temporal da convocatoria:

Artigo 6º-Poderá subvencionarse dentro da presente convocatoria o material escolar que, reunindo as condicións esixidas, se publique desde o 30 de novembro de 1994 ata o 30 de setembro de 1995. Considérase data de publicación aquela na que se efectúe o rexistro de solicitude do número de depósito legal.

Solicitudes:

Artigo 7º.-Os interesados en participar na presente convocatoria deberán cubrir correctamente os impresos de solicitude que se publican como anexos I e II a esta orde.

Concederanse as axudas para as seguintes modalidades por orde de preferencia en cada apartado.

l.-Tipo de material:

a) Material básico:

1. Libros de didáctica na aula que desenvolvan un deseño curricular.

2. Guías didácticas do profesor.

3. Cadernos e manuais prácticos de traballo.

b) Material complementario: libros de consulta, de uso individual ou colectivo.

2.-Grao de orixinalidade:

a) Creación propia.

b) Adaptación.

c) Recompilación.

d) Traducción directa.

e) Traducción adaptada ou libre.

Artigo 8º.-Concederanse preferentemente axudas a aquelas empresas editoriais que presenten solicitudes para a edición en galego das áreas sinaladas pola orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 1 de marzo de 1988, que se relacionan a continuación:

BUP:

1.-Matemáticas, ciencias naturais, historia e debuxo.

2.-Matemáticas, xeografía, física e química e informática.

3.-Filosoffa, matemáticas, xeografía e historia e física e química.

COU:

Filosofía, matemáticas, física e historia do mundo contemporáneo.

FP1:

l.-Formación humanística, prácticas, tecnoloxía e matemáticas.

2.-Formación humanística, prácticas, tecnoloxía e matemáticas.

FP2:

l.-Prácticas, formación humanística, matemáticas e tecnoloxía.

2.-Formación humanística, prácticas, tecnoloxía e matemáticas.

Valoraranse especialmente tamén aqueles proxectos correspondentes ó ensino (libros e guías, cadernos de traballo e manuais prácticos e outro material didáctico) nas etapas de educación infantil e primaria, así como os da educación secundaria obrigatoria.

Así mesmo, no caso de non existir crédito suficiente que ampare tódalas peticións, daráselles preferencia, en virtude do establecido no art. 19 da Lei 3/1983, a aqueles proxectos que sexan presentados por editoriais que empreguen o galego dun xeito habitual e progresivo.

Artigo 9º-Xunto coa petición engadirase a seguinte documentación.

a) Anexos I e II debidamente cubertos.

b) Acreditacion da súa personalidade mediante fotocopia compulsada da escritura pública de constitución e poder notarial do asinante da solicitude, no caso de non ser empresa individual, inscritos ámbolos dous no Rexistro Mercantil.

As empresas individuais presentarán fotocopia legalizada do DNI do titular.

c) Un exemplar da obra ou material educativo ou, no seu defecto, memoria descritiva do proxecto para o que se solicita a axuda, na que consten tódolos datos referidos á axuda.

d) Orzamento desagregado de gastos correspondente custo real de producción da obra para a que se solicita a subvención no que se faga constar, ademais:

-Tirada de exemplares.

-Prezo de venda ó público sen IVE.

e) Características físicas e técnicas da obra para a que se solicita a subvención.

f) Declaración xurada, asinada polo presidente ou director da empresa, especificando o número de contratos acollidos ó réxime da Seguridade Social e de que non goza de ningunha outra axuda económica máis doutras entidades ou institucións para esta mesma finalidade.

No caso de que se lle conceda unha subvención a posteriori para este mesmo fin, o beneficiario terá obriga de comunicarllo á Administración e será de aplicación o disposto no art. 78.3 da Lei 11/1992, do 7 de outubro.

g) Certificación bancaria orixinal da conta corrente na que desexen que se lles realice o pagamento, ó nome da empresa solicitante.

h) Fotocopia do CIF da empresa.

Artigo 10º.-

1.-As peticións entregaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universi

taria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), sendo de aplicación o previsto no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.-O prazo de presentación das solicitudes e da devandita documentación será de 15 días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

3.-O defecto na solicitude seralles notificado ós interesados, que terán un prazo de 10 días, desde a recepción da notificación para emendar erros ou omisións.

Transcorrido o dito prazo, se non se produce a dita emenda, as peticións serán arquivadas sen máis trámite.

Aboamento das subvencións:

Artigo 11º.-

1.-Recibidas as solicitudes de axuda para a edición de libros e material didácticos serán analizadas polos servicios competentes da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da comisión de avaliación nomeada polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, presidida polo director xeral de Política Lingüística ou persoa na que delegue e composta polas seguintes persoas:

Vocais: O xefe do Servicio de Xestión e Promoción Lingüística.

A xefa da Sección de Xestión e Coordinación Lingüística.

Un funcionario da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros.

Secretario: un funcionario da Dirección Xeral de Política Lingüística, que actuará con voz e sen voto.

2.-A citada comisión aplicará os criterios e prioridades contidos na orde e redactará un informe-proposta de concesión, denegación e exclusión, se é o caso, das subvencións.

A concesión e denegación das subvencións determinase por resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 12º

1.-A contía de cada subvención non poderá supera-la cantidade de catro millóns de pesetas (4.000.000 de ptas.) por obra ou material didáctico presentado.

2.-As subvencións que se concedan estableceranse do xeito seguinte, segundo os apartados mencionados no artigo 7º desta orde:

a) Material básico: entre o 35% e o 60% do custo real de producción da obra sen IVE, dependendo do grao de orixinalidade.

b) Material complementario: entre o 10% e o 40% do custo real de producción da obra sen IVE, dependendo do grao de orixinalidade.

3.-Non obstante, por proposta motivada da comisión mencionada no artigo 11º, poderanse conceder subvencións en porcentaxes superiores ás anteriores indicadas.

Artigo 13º.-A empresa editorial que reciba unha axuda comprométese a aplicar no prezo de venda ó público sen IVE, que non superará as 1.995 pesetas por proxecto (agás para aqueles materiais que polas súas especiais características de custo de producción deben ter un prezo superior) un desconto que coin

cida, como, mínimo, ca metade da porcentaxe que se aplicou para subvenciona-la obra en cuestión.

Artigo 14º.-

1.-As empresas seleccionadas deberán comunicarlle por escrito a aceptación da subvención á Dirección Xeral de Política Lingüística (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria), no prazo máximo de dez días contados a partir da recepción da comunicación desta.

As empresas que reciban axuda deberán enviarlle á Dirección Xeral de Política Lingüística, antes do 15 de outubro de 1995, (agás aquelas empresas que expresasen na súa petición unha data posterior para a total realización do seu proxecto que será como máximo o 1 de novembro do mesmo ano), xustificantes orixinais ou fotocopias compulsadas dos gastos realizados, de acordo co proxecto presentado na soliclude de axuda e que representen como mínimo a axuda outorgada, xunto cunha relación pormenorizada e numerada dos xustificantes que se envíen e cun certificado da edición, emitido polo editor, conforme se realizou o número de exemplares por proxecto que se mencionaba na solicitude.

2.-Admitiranse como xustificantes unicamente:

a) Gastos de imprenta e material:

-Composición.

-Impresión.

-Encadernación.

-Fotomecánica.

b) Gastos de persoal:

-Auditoría/Deseño.

-Fotografía.

-Traducción.

-Revisión de textos.

3.-Para aqueles gastos que sexan de difícil xustificación admitirase unha declaración xurada e razoada, asinada polo director ou presidente da empresa, de forma que non supere o 25% do total da xustificación.

4.-Enviarán, así mesmo, unha cantidade mínima de 30 exemplares por obra subvencionada.

5.-As datas dos xustificantes estarán comprendidas entre o 30 de setembro de 1994 e o 15 de outubro do ano 1995, se ben os referentes ó ano 1994 non superarán o 30% do custo real da producción.

Artigo 15.-Con independencia da contía da subvención e antes de procederen ó seu cobramento, os beneficiarios terán que acredita-lo seguinte:

a) Atoparse ó corrente das súas obrigas tributarias mediante certificado expedido pola correspondente delegación ou axencia do Ministerio de Economía e Facenda.

b) Atoparse ó corrente das súas obrigas sociais, mediante certificado expedido pola Tesourería da Seguridade Social.

c) Non ter pendente de pagamento ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante cer

tificación expedida pola Consellería de Economía e Facenda ou calquera das súas delegacións.

Segundo o establecido na Lei 6/1994, do 29 de decembro, para aquelas subvencións que non superen o importe de 1.000.000 de ptas. poderá acordarse no momento da concesión un anticipo do pagamento de ata un 80%, librándose o 20% restante no momento da completa xustificación por parte do benericiario do cumprimento da finalidade e demais condicións para a que foi concedida.

Nos demais casos poderán acordarse pagamentos parciais, a medida que o beneficiario xustifique os gastos e a conta da liquidación ata unha porcentaxe máxima do 80% da subvención concedida.

Artigo 16º.-No reverso de toda a edición de libros e material didáctico para os que se conceda a axuda deberá constar impreso o patrocinio da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, empregando para iso os logotipos aprobados pola Imaxe Corporativa da Xunta de Galicia, co seguinte texto: «Subvencionado pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística».

Autorización e publicación dos libros e material didáctico obxecto da subvención:

Artigo 17º.-Os libros e material didáctico obxecto de subvención deberán aterse, previamente, ó disposto no Decreto 89/1993, do 19 de abril, e nas súas ordes de desenvolvemento, polo que se regula a autorización de libros de texto e outros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral.

Artigo 18º.-Se o resultado da publicación non se axustase ós datos que figuran no impreso de solicitude ou se se incumprise algunha das normas contidas na presente orde, procederase, logo da audiencia da empresa interesada, á revogación da axuda e, se é o caso, a empresa quedará obrigada a reintegra-las cantidades percibidas.

Artigo 19º.-Se no prazo máximo de 3 meses non recaese resolución expresa desta convocatoria, as solicitudes presentadas entenderanse desestimadas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Política Lingüística para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Calicia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Sres.: Secretario Xeral. Director Xeral de Política

Lingüística. Director Xeral de Ordenación Educativa

e Centros. Director Xeral de Ensinanzas

Profesionais e Formación de Adultos. Delegados

Provinciais da Consellería de Educación e

Ordenación Universitaria